lunes, 20 de mayo de 2013

As contas da leiteira?


Neste tempos de crise oxalá se puideran crear estes postos de traballo que prognostican nesta primeira noticia que partillo. Porén, sen saír de Nebra, fai anos tiñamos dous serradoiros, un na Aguieira que pechou sobre finais dos 90, e outro en Cadeiras, que pechou polo 70. Na Gafa (Portosín) había outro, en Noia tres e en Oleiros (Ribeira), un. Agora só nos queda a Ornanda (Miñortos), que se fai caixas para botellas, mais se non estou errado agora compra os taboleiros, xa transformados, todo o contrario de cando abriu a finais dos 70, que compraba o arbore en pé, e daba emprego directo a moita máis xente, non só, en Miñortos, se non que, en Noia, onde hoxe está o supermercado Erosky, e antes o servizo oficial da Ford, tiña a planta de montaxe tamén con un bo elenco de traballadoras.

Non seria moi descavillado pola miña parte, asegurar que, entre todos daban traballo a máis de 300 persoas de forma directa, aos que habería que sumar fragueiros, cortadores, tractoristas, camioneiros, é indirectos, mecánicos.

Outra forma de xerar emprego foi como actuaron na nosa Comunidade e noutras varias Xuntas Reitoras que deron moito traballo tanto a comuneiros como a comuneiras «se ben é certo que aquí, houbo algo de descontrol, por non contratar dende un principio, un capataz alleo á Comunidade», porén dende fai 6 anos observamos incrédulos que agora estas labores son feitas por empresas alleas «tal vez por encargasen xa elas directamente de pedilas subvencións e os reitores só de asinalas». Un dato a ter en conta é que estes traballos presuntamente non son aprobados pola Xunta Reitora e o que é máis grave, aquí xa o afirmo con rotundidade, nin pola Asemblea Xeral. Iso si, logo algúns estando na oposición doutros estamentos, critican estas prácticas, como caciquís ou tráfico de influencias.

Por unha parte: O potencial forestal de Galicia pode xerar aínda máis de 70.000 empregos.

Que Galicia é toda unha potencia forestal xa ninguén o dubida. Con todo, tamén de forma practicamente unánime, desde os ámbitos dos produtores, serradoiros, empresa, industria, sindicatos, profesionais e académicos, consideran unha necesidade redefinir o sector forestal galego para conseguir o seu máximo desenvolvemento, que unha vez alcanzado calculan que podería supor a creación de máis de 70.000 empregos. Estes, sumados a ao redor doutros tantos que xa move na actualidade (uns 20.000 directos e máis de 50.000 indirectos, segundo o último estudo de Confemadera), suporía un activo humano de preto de 115.000 empregos no conxunto do sector.

Do mesmo xeito, o actual peso do sector forestal, estratéxico para Galicia, no produto interior bruto (PIB) da comunidade, que se sitúa no 3%, podería ser duplicado cunha xestión adecuada en toda a cadea de produción, desde a ordenación da propiedade até a comercialización do produto.

Pola outra: A desinversión no monte galego pon en risco cinco mil empregos

A Fábula: As contas da leiteira

A pregunta: Temos madeira de potencia?

No hay comentarios: