miércoles, 10 de abril de 2013

Así se desvalixa unha Comunidade (I)

Wikipedia: O descoñecemento da lei non exime do seu cumprimento

Como corre o tempo. En abril de 1995, un grupo de comuneiros solicitaramos do presidente da Comunidade tal e como contemplaban os Estatutos, a convocatoria dunha Asemblea Extraordinaria. Un dato a ter en conta e que el fixera o mesmo contra o seu antecesor. Ante a súa negativa, tal e como contemplaba a Lei de Montes e os Estatutos aprobados baixo o seu mandato, esta foi convocada por dito grupo. Dado que tiña a tixola -lease cartos- pola man, non dubidou en recorrer a argucia de efectuar un reparto de fondos a todas luces ilegal, coa clara intención de por aos comuneiros do seu lado, cousa que acadou, xa que a esa Asemblea, non acudiron nin os que asinaron o escrito.


Outro dato a ter e conta é que o reparto tal e como se poderá comprobar ao longo desta serie de entradas, é que tamén serviulle para agochala mala inversión efectuada no cemiterio, onde incomprensiblemente non tódolos comuneiros podían ter dereito a construír un panteón, a pesar do que aprobaron primeiro os vogais....


...e logo a Asemblea Xeral.

Recapitulemos. Todo comezou coa publicación deste panfleto semanas despois desas reunións. O presidente, na súa sen razón que contou coa complicidade dos compañeiros non lle importou por en perigo a propia comunidade, see con ilo se salvaba da queima.


Ollando os Estatutos está claro que esa reunión que citan foi ilegal. Tanto é que nin sequera consta no libro de actas e porque o único órgano decisorio nas Comunidades de Montes son as Asembleas Xerais. As Xunta Reitoras, que non Junta Directiva, son o órgano de goberno, xestión e representación da Comunidade. Estas constituiranse validamente previa convocatoria do presidente ou a petición do 25% dos seus compoñentes coa asistencia da metade máis un dos seus compoñentes. Aínda no suposto caso de que puidesen tomalo acordo, a nula presenza dos vogais, invalida de por si, todo o proceso, e os gastos que o reparto implicou, que non foron poucos.


Óllese a presa que se tomaron e que redondo lles saíu o día. Presuntamente logo da reunión, aproveitaron para levala autorización ao banco e así poder cobralas dietas.


Sen embargo facendo caso a esta outra certificación non seria até o día 8, cando comunicaron a forma de efectualos pagos.


Escrito de descargo contra a orde de paralización o reparto, onde se pode ollar que non se cortaron un pelo á hora de mentir ao afirmar que a entrega fora, acordada en Asamblea General de Comuneros. Obsérvese a argucia que tan ben funciona nos Xulgados de metela política polo medio. Dicir a todo isto que os Estatutos foron redactados por este equipo de avogados, e salvo que os enganasen, como fixeron coa xuíza que levou o caso, tiñan que a saber que os catro reitores non podían aprobalo reparto.


Nova dieta cobrada pola secretaria, a todas luces tamén ilegal, xa que esa certificación tiña que ser entregado no intre que acudiron por primeira vez ao banco.


Despois de todo o descrito anteriormente e sen que a xuíza paralizase o reparto, o presidente publicou este novo panfleto. Se até o momento todo fora tan legal, a que viña esta marcha atrás? Acaso agora esta decisión, non paralizaría toda la actividad de la asociación, como lle manifestaron no seu escrito?


A pesar deste escrito cobraron comuneiros non inscritos, mentres se lle negou o a quen si o estaba. Para que eses comuneiros puidesen cobrar, amén os que tiñan datos erróneos, non se lles ocorreu outra cousa que cobrar por cada xustificante 20.000 Ptas. (5.000 ptas cada un) a toda comunidade, mentres que algúns comuneiros entre os que me conto, por exercelo noso dereito de solicitar unha simple acta, cobrarannos 5.000 Ptas, cando tiñamos dereito a recibilas gratis. En fin, o mundo ao revés.


Despois do descrito anteriormente, as explicacións que presuntamente se deron polo atraso do reparto tanto aos comuneiros nesta Asemblea, como unha semana antes aos vogais, ou así constan en acta, son dignas de estudo da Galiza máis negra e profunda.

No hay comentarios: