viernes, 23 de noviembre de 2012

Con castaños testemuñais non imos a ningures

Recolección de castañas con maquinaria. (Foto: AEP)
Nebra dispón de máis de 1000 Has. de monte comunal, amén de case outras tantas en mans privadas. Pois ben, a presenza de castiñeiros nos nosos montes de ser unha importante fonte de alimentación fai varios anos, pasou a ser testemuñal por culpa dos lumes e dunha mala previsión. Pódese dicir que a zona onde se aglutinan máis agora, é na plantación que se fixo a finais dos 90 na Belga, onde agora se pretende metelos porcos.

É certo que esas 2000 Has. non todas son aptas para este tipo de árbores, pero se queremos sacarlle unha rendibilidade aos nosos montes a corto prazo, igual a temos diante.
El Progreso: O Concello impulsa a explotación de 200 hectáreas de soutos en Palas

O Concello de Palas de Rei está a impulsar no municipio a explotación industrial de soutos, tanto vellos como de nova creación, para a produción e comercialización de castañas. Polo momento, os propietarios de 750.000 metros cadrados de terreo cultivable xa se uniron ao proxecto que promove directamente o alcalde palense, o popular Pablo Taboada Camoira.

O rexedor, que desde o principio do seu mandato incidiu na necesidade de crear emprego no municipio, considera que entre 50 e 60 familias palenses poderían beneficiarse da explotación comercial dos soutos.

No hay comentarios: