jueves, 20 de septiembre de 2012

Magoa que só defendan o que lles intereza


Como entendo a estes veciños e veciñas que sen comelas nin bebelas, se ven implicados nesta presunta trama. Efectivamente, se a Xunta ou os forestais actuasen sempre co mesmo celo, estas cousas non pasaban. O mesmo pasa cos partidos políticos, que se se comete unha irregularidade baixo o seu goberno, si te he visto no me acuerdo.

Se o Distrito V en Vimianzo se aplicase como fixo o de aquí, cando fai uns anos aprobamos nunha asemblea depositar as pedras extraídas dun desmonte de Portosín, seguramente non pasaría isto. Daquela, o Distrito IV tendo previo coñecemento desa aprobación, ameazou con denunciarnos porque un directivo antes de que lle entregásemos toda a documentación e certificación desa aprobación, comunicoulle á empresa que xa podía depositalas pedras. Estábao facéndoo cando o garda forestal os detivo e me chamou ao móbil  teléfono para advertirme desa grave irregularidade coma se fose eu o responsable, cando tamén tiña o do presidente, aínda que se o fixo, igual non llo colleu como acostumaba a facelo sempre.

Celo que non tiveron cando sen que aprobación previa, documentación de ningún tipo e moito menos certificacións do secretario, ordenaron a construción da pista nos Balados, tronzando polo medio propiedades privadas. Como ben digo, daquela ao BNG non só lle interesou investigar que foi o que pasou, se non que agocharon todo.

Por suposto que non estou a defender a actuación da Xunta e do que está pasando en Vimianzo, só me limito a sinalar a dobre vara de medir dos políticos. Tampouco é que o faga precisamente agora, se non que o levo facendo bastante tempo e sempre que ollo similitudes neste tipo de cacicadas.
La Voz de Galicia: Os afectados da trama forestal culpan á Xunta

Os afectados pola suposta estafa das axudas forestais, 35 dos cales participaron o mércores pola noite nunha asemblea celebrada pola Fruga e o BNG en Vimianzo, apenas se referiron ao presunto xefe, Manuel Maceiras Hermida, e culparon aos distintos niveis da Administración autonómica por non levar a cabo un control rigoroso na concesión das subvencións.

Os denunciantes, que mantiveron un encontro con Manuel Dacal e Gabriel López (Fruga) e coa deputada do BNG Tereixa Paz, temen que agora lles obriguen a eles a efectuar as limpezas que, segundo din, cobrou a empresa sen facelas e que Facenda lles reclame a tributación correspondente, tendo en conta que nestes anos nunca recibiron comunicación algunha para facelo. «Eu non entendo como cando cobras, aínda non, 200 euros do millo tes que pagar e isto que eran miles, a nós non nos chegou nin a primeira carta», sinalou un veciña de Berdeogas. Outra muller de Dumbría, á que tamén lle atribuíron leiras que non son súas, queixouse de que «os forestais non viñesen pola porta en cinco anos e aparezan agora pedindo firmas para certificar que se fixeron as limpezas, cando realmente están sen facer». E unha terceira veciña da mesma zona, respecto ao proceso xudicial aberto en Corcubión, manifestou o seu desexo de que «dure menos que o do Prestige».
A Fruga teme que este caso obrigue a devolver axudas da Unión Europea
("...Paz asegurou que independentemente do Goberno que salga das eleccións tratarán de que a Xunta investigue a fondo este caso..."). do noso seguro que non lle interesará investigar a fondo.

No hay comentarios: