domingo, 30 de septiembre de 2012

Incluso nas hortas, está prohibido facer queimas

A entrada ben a conto porque fai uns días alguén fixo unha queima, e xa se sabe aquilo de máis vale previr que lamentar, sobre todo se os gardas ou Seprona as detectan. A multa coido que non é ningunha broma, e máis nos tempos que corren.
La Voz de Galicia: A Xunta amplía a época de alto risco de incendios ata o 15 de outubro

A Xunta decidiu ampliar ata o 15 de outubro a época de alto risco para os incendios forestais en Galicia. A medida débese ás previsións meteorolóxicas que se esperan ata entón, polo que se efectuarán labores de prevención.

No mesmo orde, a Consellería do Medio Rural e do Mar tamén informa que permanece suspendida a concesión de permisos de queima en toda Galicia ata novo aviso.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Eu non sei que pensaredes o resto de veciños, pero de coñecernos pola viga atravesada igual pasamos a ser coñecidos por, ahí veñen os que antepoñen o carro diante dos bois.
Non estiven na asamblea, de feito fai tempo que non vamos, pero xa me contaron que se aprobou traer os porcos, por iso digo ¿a que ven agora gastalos cartos en autobuses para a ir a Lugo a mirar como os crían, se xa esta todo máis que amarrado? ¿Pola degustación, para iso podíamos facela no local e aforramos cartos?
¿Non seria mais normal ir antes e despois de coñecer a opinión deses criadores tomar a decisión?
O día 21 estamos chamados a votar ¿alguén se imaxina que votemos antes de que os partidos nos presenten os seus programas? Pois isto e o que me parece que festexedes todos que aprobastedes ou o consentides isto. Escribo sen saber se os buses os paga a comunidade ou os dos porcos, se son estes, a miña queixa exposta aquí non teria sentido.