miércoles, 16 de mayo de 2012

Lóxica e Optimización de recursos


A lóxica é que se tenten suprimir as barreiras arquitectónicas, sobre todo pensando nas persoas con mobilidade reducida ou que teñan que depender dunha cadeiras de rodas. Aquí, polo que se pode ollar, non, tratan de crear aínda máis.

A optimización de recursos conséguese planeando antes de nada o que se pretende facer, e non improvisando como se fai cada dous por tres, porque isto vai en prexuízo de todos e todas. Mais é certo que parece que a moita xente non lle preocupa se os fondos da comunidade se gastan mal -parece que é diñeiro que non doe-, sobre todo aos responsable de adxudicalas obras. Non obstante debemos ter en conta que o que se gasta nestas malas planificacións vai en prexuízo do propio monte, que é de onde optemos os fondos. Afirmo isto, porque ademais de ser moi mal gastados, ao meu entender, se fosen investidos nel, daríanos novas plusvalías.

Alguén entende a que ben facer agora esa outra rampla a maiores, no canto de poñer todo á mesma altura que a entrada do local, e de buscarlle o nivel co campo da festa? Pensemos nesa xente que agora non ten a nosa axilidade, porque mañá, seremos nós os que tamén suframos estas barreiras.

Lei 1/1998, de 5 de maio, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

No hay comentarios: