lunes, 14 de mayo de 2012

A veces escoito voces...

Fonte en Orseño

Non sei se chamar aos programas Cuarto Milenio, presentado por Iker Jimenez, e a Milenio, conducido por Antón Rebollido, na radio galega, porque dende que deixei de ser o secretario da comunidade escoito "voces psicofonicas" nas asembleas, digo isto, porque logo como non aparecen recollidas nas actas, dáseme por pensar se son o único que as escoito.

Ao contrario do que ocorre neses programas, onde as psicofonías que recollen, incluso as da nosa terra, son en castelán, neste caso son galegas e igual lles interesa a "exclusiva".

Bromas a parte, o que non pode ser é que se "mutilen" nas actas, descoñezo con que interese, os debates que se suscitan nas asembleas, porque iso é alterala vontade do pobo e a esencia da propia asemblea.

Non pode ser que na acta da reunión celebrada o 19 de xuño do ano pasado e que no blogue dei en titular: porque o dis ti, se comece terxiversando xa dende a primeira letra. Segundo o secretario, é o responsable da súa edición, a tardanza en convocar aquela asemblea foi porque estaban á espera de que a Xunta de Galicia se pronunciase sobre posibles subvencións "algo que xamais aconteceu antes", cando a causa principal e así o escoitei de boca do presidente, con outras palabras, claro esta, que primou o seu interese por atender primeiro a campaña electoral das eleccións municipais, que á comunidade. Agora esta claro que o que "vai á misa" é a desculpa recollida, a segunda, nunca a houbo... salvo para os que teñamos memoria.

Na proclamación das substitutas dos dimitidos reitores, houbo varias interpelacións do comuneiro Luís de Simón, coa posterior dialéctica que establece o presidente e o vicepresidente con el, incluso nalgúns intres fora de ton. Pois ben, non se recolleu nin unha sola referencia... vamos, como se Luís estivese tan calado como as paredes do local. Isto é "amordazar e censurar" a súa voz e a de tódolos comuneiros, que nos fai retornar case 40 anos atrás.

Da "sociedade" pola cal o presidente poñía un semental e outro comuneiro, por deixarlle metelas súas aguas nos peches da comunidade, regalábannos un poldro, resulta que agora pasamos a comprarlle dúas eguas que agardan que estean preñadas.

Outro tanto aconteceu coas discrepancias doutros comuneiros e vogais co presidente e de como acometeu de costas a todos a reparación de varias pistas. Na Falcoeira, na Craveira, nos accesos a un peche gandeiro, etc, sen consultalo, e o que foi peor, sen aprobarse nalgunha xunta reitora ou asemblea xeral.

Ese día aprobarase invitar a Ramón Lourido, para explicarnos o seu sistema na industria transformadora do toxo. Pasou o día, pasou a romaría. Na miña visón particular do que pasou na asemblea de onte, explicarei este pormenor, máis o resto de debate que se xerou arredor dos puntos da orde do día, porque polo que alí escoite, había comuneiros que sabían más que os propios vogais... que xa é dicir!!!

No hay comentarios: