domingo, 29 de abril de 2012

O pobo falou, agora tócalle a Xunta


Imaxes do que dou de si a manifestación convocada por Vox Ánima que transcorreu polas rúas de Santa Uxía de Ribeira para protestar contra a caza indiscriminada do lobo barbanzan e o lobicán, ben con trampas ilegais ou a tiro limpo limpo, auspiciado neste caso pola Consellería do Medio Ambiente da Xunta de Galicia sen ningún tipo de control.

A saída e remate da marcha foi a Casa do Concello, onde se dou lectura do escrito asinado por multitude de asociacións que remitiron á Xunta de Galicia para reclamar a fin desta barbarie que se está comentado en pleno século XXI, e tamén se deu lectura ao manifesto da convocatoria.

No documental de Axena explicase a horrible morte que tiveron algúns dos animais atrapados con eses lazos de aceiro preparados a conciencia e máis, como atoparon as probas de rematar algúns a tiros. Algunhas das imaxes son duras, pero a verdade non se pode disfrazar.

Estas matanzas indiscriminadas do lobo lémbrame as cometidas non fai tantos anos contra as vacas e cabalos que pastan libremente pola serra, porque baixaban a comer ás agras ante a falta de pasto no monte. Nin daquela tiñan razón os que cometían eses delitos, nin os que hoxe van contra a fauna salvaxe.

Stop ao exterminio




No hay comentarios: