lunes, 25 de marzo de 2013

Para os que todo é liso e chan!!!



Primeiro paso pra acometer unha expropiación forzosa...

Novas de Noia: O Concello rexeita as alegacións ao proxecto de expropiación para a apertura da Rúa Pintor Xenaro Carrero

Seguindo o fío desta entrada A política ten estas cousas!!! , agardo que esa mesma xente que no seu momento sementou dúbidas sobre a miña forma de proceder, tomen boa nota de como tiña que actuar a Concellería do Medio Rural dependente do BNG, cando arramplou o agro de meu pai. Mentres daquela uns e outros calaron e consentiron, agora son os primeiros en querer saír na foto no tema das preferentes ou nos desafiuzamentos, esquecéndose que en realidade neste tema que levo denunciando por activa e por pasiva, salvando as distancia, non é o mesmo que te quiten a túa vivenda ou te secuestren os aforros de toda túa vida, con meu pai cometeron a mesma ilegalidade e insisto, non tiveron nin a decencia de pedirlle perdón. Do que si estou seguro é que se isto acontecerá con outro partido na Xunta, a súa actitude, á vista doutros antecedentes, daría un xiro de 100 grados.

É certo que, algunha xente rexeita de xeito categórico as expropiacións forzosas, pero ás veces non queda máis remedio que apandar con elas. Pasounos coa ampliación da AC-550, mais tamén é certo que non presentamos alegacións ao entender que era precisa a súa reforma. Ademais pagábannos un prezo bastante axustado polo terreo expropiado, máis as froiteiras que nos levaron por diante. Esta expropiación que se vai acometer en Noia, parece que ten a súa lóxica e así o debeu n entender o Grupo local do BNG, que o aprobou no Pleno, xunto co PSOE, NOIA e PP).

Esa necesidade non era que tiñamos na comunidade cando dende a directiva, tramitaron a apertura desta pista (fotos 1 a 6) eludindo tódolos causes legais. De aí que Medio Rural XAMAIS nos contestase a pesares de comunicarme un avogado na Delegación de A Coruña, que xa tiña acta da asemblea onde se aproba a súa apertura. Como era posible que sen haberse debatido e moito menos aprobada a súa apertura,a Consellería tivese no se poder unha acta da comunidade onde constase todo contrario e tendo en conta que nesa época o secretario aínda era eu?Como xa manifestei noutra ocasión esa suposta acta coa que tentarían dar validez a este espolio tiña que ter data posterior aos feitos, por iso NUNCA contestaron. É coma se en Noia, antes de seguilos trámites administrativos preceptivos, entraran coas pala na horta desta familia, como aconteceu en épocas pasadas.
O CONCELLO DE NOIA REXEITA AS ALEGACIÓNS FORMULADAS POLOS PROPIETARIOS DA PARCELA AFECTADA POLA APERTURA DA RÚA PINTOR XENARO CARRERO, NO SEU ENCONTRO COA RÚA FRANCISCO CREO, E APROBA DE XEITO DEFINITIVO O PROXECTO DE EXPROPIACIÓN.

Nun pleno extraordinario celebrado no mediodía de hoxe, a Corporación Municipal de Noia vén de desestimar, por unanimidade (PSOE, BNG, NOIA e PP), as alegacións formuladas por parte dos propietarios da parcela afectada pola apertura da rúa Pintor Xenaro Carrero, ata o seu encontro coa rúa Francisco Creo.

No mesmo acordo plenario deuse a aprobación definitiva ao proxecto de expropiación, solicitando tamén a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados á Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia.

Os fundamentos para o rexeitamento das alegacións parten no primeiro lugar, da ordenación urbanística prevista para o ámbito en cuestión, é dicir, o trazado da rúa está contemplado nas Normas Subsidiarias de planeamento municipal en vigor desde o mes de xaneiro de 1991.

Respecto do prexuízo esgrimido polos propietarios, lémbrase que o dereito á propiedade privada está suxeito á función social da mesma, segundo recolle o artigo 33 da Constitución, e que ninguén poderá ser privado dos seus bens e dereitos se non é por causa xustificada de utilidade pública ou interese local, como é o caso, mediante a correspondente indemnización.

Segundo paso: Cumpridos tódolos trámites legais do proceso expropiador actúa a Xunta de Galicia... nunca antes como aconteceu na nosa comunidade.

Novas de Noia: Expropiacion en Rúa Pintor Xenaro Carrero
O Concelleiro de Urbanismo Bieito González Domínguez ven de anunciar que no Consello da Xunta celebrado o xoves 28 de Febreiro, e publicado no DOG de 12 de Marzo, aprobouse a petición realizada polo Concello de Noia de ocupación urxente de terreos en Pintor Xenaro Carrero.

González Domínguez informou que o Concello de Noia iniciou o procedemento de expropiación de 470 metros cadrados se finca na rúa Pintor Xenaro Carrero ante a imposibilidade de chegar a acordos cos propietarios, a pesar de telo tentado en reiteradas ocasións nos últimos anos. A apertura desta rúa de doce metros de largo estaba prevista xa nas normas subsidiarias do Concello de 1991, e é unha vella demanda dos veciños da zona de Labarta.

O Concello de Noia consignou para o pago da expropiación unha partida con fondos municipais de 76.918,79 € que inclúe o pago do terreo, as árbores e os muros a demoler. Ademais o Concello xa ten realizado o proxecto de execución da obra cun orzamento de 111.231,86 €, e que conta cos permisos de patrimonio tanto para a obra como para o proxecto arqueolóxico.
Bieito González indicou que o seguinte paso será o levantamento das actas previas de ocupación, e que desde o Concello se tentará axilizar o máximo posible para poder acometer canto antes as obras.
Á vista de toda esta información, as miñas dúbidas agora acumúlanse moito máis:
1ª.- En que DOG, se  aprobaría a petición realizada por algúns directivos para abrir esta pista?
2º .-Ten  lóxica que te fagan esta cacicada e por riba quedes sen un servizo que, si tiñas antes?
2º .- Alguén se imaxina que unha vez aberta esa rúa en Noia, a familia afectada quede sen acceso aínda que reciba a unha indemnización, que non foi o noso caso?

Nesta primeira fotos observase claramente os eucaliptos que tiña a propiedade e facendo un calculo a ollo pódese determinar cantos pes levaron  por diante que, a día de hoxe aínda non nos foron aboados, como si se vai facer en Noia, a pesares de que o presidente prometeullo a meu pai. Consta en acta.

Estado que presentaba a pista na data sinalada.
En verde o traxecto integro que atravesa a nosa propiedade.
Neste estado lamentable e intransitable estaba a pista forestal que da acceso ás nosas propiedades, mentres que pola contra noutras zonas repararon pistas de titularidade municipal.
Aquí traio a colación outra pista que aberta un anos antes no monte común....
... que remata nun camiño e nunhas propiedades
Pois ben, no seu día o propietario desta campa solicitou da Comunidade uns postes e unha cadea para impedilo transito por aí. Supoño que a día de hoxe as pedras seguen no mesmo sitio, impedindo o libre transito po lo que é un camiño do monte,que enlaza con unha pista da parcelaria a uns 500 metros. Que pasaría se nós facemos o mesmo?
ISTO SÓ PODE ACONTECER EN NEBRA!!!

No hay comentarios: