domingo, 8 de julio de 2012

Sentenzas e imputacións que chocan entre si

No Araño está un dos hórreos máis grandes da Galiza
Que os xuíces teñen diferente vara de medir para aplicala xustiza é un feito incontestable e para ilo non fai falla ser un letrado. Así ollamos que mentres no presunto roubo cometido polo electricista do Milladoiro, imputase á súa dona e ao fillo, non acontece o mesmo na imputación do xenro do Rei pola presunta desviación de fondos, da que de momento está exonerada a infanta. Isto por falar dos casos máis en boga. A nivel de rúa podemos atopar outros tamén sangrantes, que como non "venden", non saen na prensa.

Fai uns anos na nosa comunidade interpúxose unha demanda na que entre outras cousas, se pedía algo tan simple, coma que o estado de contas se reflectise nas actas. Non era de recibo que o tesoureiro intervirse na asemblea para dalo, e que non se recollese. O exemplo máis preto témolo nos plenos do Concello, que si se recollen, e iso que esas contas teñen máis control, que os que por desgraza teñen os das comunidades de montes.

Pois ben, segundo a sentencia desta demanda presentada polos comuneiros do Araño, o xuíz si lles dou a razón, obrigando á xunta reitora a consignalos. Na nosa só se fixo durante o meu paso pola secretaria, xa que se era algo que reclamaba na oposición, entendía que tiña que dar exemplo, como fixen noutras cousas.

Outro asunto non menos baladí é algo que se dou só nesta lexislatura, onde se nomeou a dedo aló menos a un vogal, e de todos é sabido que isto non é competencia nin do presidente, nin da xunta reitora, nin moito menos dos veciños da aldea que representen, se non que o é da asemblea xeral. Isto tampouco é un capricho meu, é algo que se pode comprobar tamén na sentencia. Cando aquí os informei desa presunta irregularidade fai tres anos, tiveron tempo a subsanalo e así seguen. Logo algúns teñen a coraxe de acusar a outros, noutras instancias, de ser uns ditadores.
A procuradora Ana García, en nome do presidente dos comuneiros de Araño, Ramón Romero Quintáns, apelou ao auto ditado polo xulgado de Padrón, en relación ao xuízo ordinario que manteñen cun grupo de veciños da parroquia. A sentenza obrígalles, entre outras cousas, a renovar a xunta reitora.

Favorable aos demandantes, entre os que figura o ex presidente da entidade José Deira Miguéns, o auto ordena aos comuneiros convocar unha asemblea xeral nun prazo de 30 días, durante a cal se renovarían certos membros da xunta reitora e debateríase sobre as actuacións necesarias para a xestión e administración do monte veciñal.

Así mesmo, o xulgado de Padrón ditaba que a directiva dos comuneiros tiña que consignar no libro de actas o correspondente estado de ingresos e gastos durante o período da súa xestión.

En relación a esta sentenza o presidente dos comuneiros de Araño, Ramón Romero, declarou que xa está feito e auditado o resultado económico da entidade, informe que se engadirá como un anexo á acta da asemblea. «Seguiremos os trámites legais con todo respecto ao sistema xurídico, que ademais é facilísimo de cumprir. É unha pena que eses señores anden a dicir barbaridades que escapan da interpretación legal do fallo da sentenza», asegurou Romero Quintáns.

Trocos

Respecto da renovación da xunta reitora, en concreto, a elección do secretario e dous vogais, Romero matizou que se convocará unha xunta local para que os veciños poidan elixir aos candidatos, que serán ratificados despois pola asemblea.

Para rematar, o dirixente dos comuneiros afirmou que tamén se cumprirá o punto que ordenaba discutir en asemblea a xestión do monte veciñal: «O plan de ordenación que os comuneiros xa recolle a xestión do monte, polo cal esta comunidade foi incluída nun sistema forestal de xestión sostible que xa leva ou control de podas e repoboacións», dixo Romero.

Fonte orixinal: La Voz de Galicia

No hay comentarios: