jueves, 23 de agosto de 2018

Antes calastes e agora anonimamente esixes?

Ao contrario que en tempos pasados, cando resultei elixido como secretario, dez días antes da celebración das asembleas para que puidésedes comprobar con máis tranquilidade os puntos a debater e ter acceso a calquera documentación (documentación, facturas, etc), abría o local para que non vos pasaran ás miñas, Antonio e ao finado de Juan, como foi esixirnos ese Imposto revolucionario (máis ben debería dicir "roubo") porque os Estatutos mon mencionan que haxa que pagar ren. Despois da miña saída volveron os tempos escuros á comunidade, até que o actual secretario seguindo o meu exemplo volveu a abrilo cumprindo os mesmos requisitos e incluso agora ábreo tódolos sábados. Sabes canta xente se achegou?... ningunha!!!. Na mesma asemblea un comuneiro puxo en dúbida unha factura qu reflectía o estado contas, disipándolla expoñéndoa na pantalla que usamos para que estas sexan máis didácticas e amenas.

Agora que todo é "gratis" unha señora que acude por delegación é a primeira en correr a facerse con papeis, non vaia a ser que quede sen eles, cando os demais agardan polo reparto nas súas cadeiras, seguramente se os tivese que pagar como nos fixeron os seus familiares non correría tanto e logo os malos naqueles tempos como reflectiron nas actas que falsearon eramos os compañeiros da oposición "Antonio, Juan Manuel (q.e.p.d) e quen subscribe".

Arriba tes as probas de como simplemente "roubáronnos" por exercelo noso dereito a recibir información veraz, neste caso simples actas, xa que o resto de información foinos denegada, mentres aos que comungaba con moas muíño e lles rendían preitesia para poder cobralas 230.000 ptas., do reparto ilegal en vez de cobrarlles como a nós, que seria o máis xusto cobraban da comunidade para que non se lle descubrira a allada, ou simplemente porque lles foran á chepa!!!
Tan complicadas serian as preguntas que lles fixen que tiveron que recorrer ao avogado que os asesoraba?
No outro blogue teño un enlace directo ao da comunidade que creei no seu día, onde o fillo fixo unha serie de melloras entre elas creando o diario onde da conta das saídas que actualiza cada día salvo que falle na sincronización co móbil, en canto aos gastos do combustible como se paga a través da tarxeta van especificados no Estado de Contas, polo que terás que acudir ás asembleas, porque se te identificaras incluso podíache mandar a información que reclamas ao correo electrónico, sen custo ningún... os tempos escuros remataron cando fun o secretario e agora co fillo que como non podía ser doutra forma segue o meu exemplo.

Antes de que se me pase o mesmo día da Patroa estando a tomala sesta, veu o presidente da comisión buscalo porque quedou sen corrente e non podía arrefrialas bebidas, esa é a mellor proba que amosa que é malo falar de máis, aínda que máis ou menos os que pasaron pola entrada intúen con que intención tiráchela pedra agochando a man!!!

11 comentarios:

Anónimo dijo...

La transparencia se exige en las asambleas, no criticando por aquí como anónimo o en las tabernas.

Anónimo dijo...

Hoxe veuse o coxhe da comunidade pola estrada. A miña pregunta é,¿ Estaba en servicio a comunidade?

Toño Calo dijo...

Boas Anónimo, responde o secretario.

Hoxe foise ao banco sacar cartos para facturas e despois pagar a quen correspondía. Se tes interese, podes pasar o sábado polo local para ver o extracto bancario das operacións.

Logo de facer os pagos, pasei ver se baleiraran os contedores de madeira do Punto Limpo, pois hai lixo mesturado tirado en varios puntos do monte e mentres estean cheos, non podo depositalos.

Despois aínda pasei polo local deixar os produtos de limpeza e hixiene que collín onte de paso que se lle pasou a ITV á Pickup.

O de hoxe a este momento non está apuntado no diario de saídas xa que quedei sen batería no móbil da Comunidade. Grazas por preocuparte.

Anónimo dijo...

Anónimo a túa obcecación xa roza o ridículo, pide cita no psiquiatra mentres tes remedio. A comunidade funciona todo o ano non solo o día que somos convocados ás asembleas. Mentres persegues ó coche date unha volta polo monte para ver os traballos que se fixeron ou están facendo. Frente a un ordenador ou móbil é moi fácil criticar aínda que como che din neste caso metestes ben a pata hasta o fondo. Agora toca esperar se na próxima asemblea pides contas do pago efectuado no día de hoxe que é o 5 de SETEMBRO de 2018.

Anónimo dijo...

Non costa traballo facer o que fixeches ahora , eso si, ten quedar ben rexistrado. E recordar que hai unha garaxe para gardalo.

Anónimo dijo...

Vamos os poucos, vamos ensinandolles como se fan as cousas. Hai que ir paso a paso para non saturalos.

Anónimo dijo...

JAJA ¿Vas ti a ensinalos como anónimo?

Anónimo dijo...

¿Non te olvidas que o diario creárono antes da túa crítica por moito que agora tentes suavizala túa crítica a efectos do que seguimos este blog, no que polo menos tanto o fillo como pai dan a cara.

Anónimo dijo...

Dios mio lo que tenemos que leer ¿Ahora el problema es donde duerme el coche? ¿También genera gastos aparcado?

Anónimo dijo...

¿Te has pasado por el local para comprobar si es cierto los pasos que dieron el día que has visto el coche por la carretera, si estaba realizando el servicio que describe Toño para la comunidad, o prefieres seguir no dando la cara para no tener que reconocer aunque sea anónimamente que fue verdad?
En cuanto al comentario del nuevo anónimo del 7 de septiembre de 2018, está visto que el pobre no da para más.

Anónimo dijo...

Anónimo, los cobardes nunca dan la cara cuando ven que la gente legal no tiene nada que esconder. Este solo intenta crear discordia a través de este medio porque cuando solicite la información que pide por aquí y se la den en una asamblea donde corresponde se quedaría sin argumentos y podría ser señalado con el dedo por los demás. Así como anónimo demuestra lo que es, como se lo han recordado aquí.