jueves, 2 de marzo de 2017

Un 17% de inspeccións laborais no agro detectan infraccións

No ano 2007 ocupando aínda o cargo de secretario da Comunidade aproveitando a miña ausencia «estaba traballando en Madrid» o presidente, xunto cos restantes membros da Xunta Reitora «como non hai acta descoñezo se tamén estaban implicados os vogais» colleron a dous comuneiros para cortar leña para entregarlla gratis ao resto de comuneiros, todo ilo sen ningún tipo de contrato e moito menos se asinar un seguro de responsabilidade civil, para en caso dun grave accidente ou unha morte, en caso de que non houbese o fondos suficientes para responder ante unha demanda penal, tivésemos que ser os comuneiros e comuneiras os que respondésemos cos nosos cartos ou patrimonio.

Aínda que lles expliquei que iso era unha falta moi grave e lles expliquei o que reflicto, o presidente, moi altivo el, dixo que en caso de accidente esa xente afirmaría que estaban a traballar en por eles. Nunha asemblea negoume a recepción de esta citación da Inspección de Traballo e a na Asemblea Local do BNG, acusoume de ser o denunciante «isto comentoumo un militante».

Iso fíxoo supoño que para polos da súa parte xa que tanto no Son coma en Santiago estaban ao tanto das discrepancias que mantiñamos polo seu xeito de "mangoneala" comunidade. Tan ensimesmado estaba en que non reparou que estando a traballar en Madrid dificilmente tiña tempo para andar con esas "trapalladas" xa que cando tiven que denunciar algo na Comunidade sempre o fixen dando a cara e mesmo poñendo cartos nas denuncias. Cartos que me negou unha vez que grazas a mín alcanzou a presidencia que por el solo, por moi licenciado que era xamais o conseguiría.

Por sorte non houbo ningún accidente como si se deran, cando creabamos con todas da Lei os equipos de Contra-incendios. O que non sei é como se efectuaron os pagos «presuntamente foron 500 € por mes para cada un», xa que non existe referencia dos pagos.


O Instituto Nacional de Seguridade no Traballo publica un informe no que advirte da alta siniestralidade que se produce no campo e nas actividades forestais. Propón un aumento das accións de prevención

En virtude das restricións legais para poder seguir lendo a nova deben pulsar: Aquí


No hay comentarios: