jueves, 2 de febrero de 2017

De como na Comunidade impuxéronse barreiras

A parte de que como escribín no seu día esta rampla cando se fixo non cumpría a normativa vixente, resulta que noutra obra tamén se saltaron a Lei, aínda que de momento non podo nin debo aportar máis información até que se confirme oficialmente. Solo podo engadir que as presas non son boas conselleiras.

Comprendo que os Concellos entre eles o do Son tenten eliminar todo tipo de barreiras arquitectónicas, de feito infinidade de veces teño subido fotos de beirarrúas de máis de 20 centímetros de alto imposibles de "escalar" por unha cadeira de rodas e incluso por xente que precisaba camiñar con muletas, algo que tamén sufrín.

La Voz de Galicia: O Son necesita 400.000 euros para garantir a accesibilidade

El Correo Gallego: Oujo necesita 400.000 € para facer Porto do Son e Portosín máis accesibles





No hay comentarios: