miércoles, 28 de diciembre de 2016

Cada vez entendo menos como funcionan os bancos

Primeiro. No seu día, un deulle un préstamo a un estudante para comprarse un piso, sen ter ingresos, algo inaudito baixo o meu punto de vista.

Segundo. Onte o secretario da comunidade levoulle a outro a certificación da Asemblea Xeral, onde se daba autorización ao actual tesoureiro, para que puidese efectuar movementos na conta e negáronlle ese dereito porque danlle máis valor aun "papel" que lle entregaron os anteriores xestores onde solo o presidente e secretario (constan os seus nomes) podían manexala conta. Subliño "papel" porque non foi aprobado nin pola Asemblea Xeral, nin pola Xunta Reitora que xa nin se xuntaban.

En resumidas contas, que a día de hoxe, segundo ese banco esa xente non solo podería ter acceso ás contas, se non que incluso dispor de elas, mentres o tesoureiro, non pode nin tocalas.

Así entendese porque no ano 1994, outro por 50 millóns de ptas a un 8%, por algo máis de 6 meses en deposito, deunos "segundo os papeis", unha esmola de duascentas e pouco de mil ptas.

No hay comentarios: