sábado, 21 de mayo de 2016

Traballos do Plan Pladiga 2016 no noso monte

La Voz de Galicia: Barbanza é a comarca coruñesa que máis fondos recibirá para a prevención de incendios forestais...

...Nos montes da comarca xa se está traballando para ter todo nas mellores condicións posibles e minimizar o efecto das chamas. Ademais, para realizar estes traballos de prevención o distrito forestal cuarto, que se encarga de Barbanza, será o que máis fondos reciba de toda a provincia. Basta dicir que dos 165.880 euros que se destinan na Coruña para a prevención, 103.905 euros son para os montes da serra barbancesa...


A parte do perigoso que é deixar todo iso amoreado, a xente do Distrito IV faltounos ao respecto á Xunta Reitora, porque cando nos comunicaron que ían facer estes traballos advertíronos que ninguén fora buscar leña mentres non remataban os traballos por se tiñan unha inspección, motivo polo que nun punto da pasada asemblea íase tratar de facer un reparto xusto entre a xente interesada nela, cando rematasen. Estando no tanatorio fun testemuña dunha conversa onde un garda dixo que xa se había achegado xente para levala leña á que parece que lle explicaron o mesmo, mentres non terminasen, ninguén podería facelo un aproveitamento de ela. Até aquí estamos de acordo.

Porén a realidade foi outra. Un sábado que me acheguei ao local baixaba un matraquillo cargado até os fumeiros e logo na Asemblea «non celebrada por falta de quórum», segundo dixeron varias comuneiras foi o mesmo garda que nos advertiu, o que presuntamente mandou a por ela «algo inconcibible porque de esa forma houbo un descontrol total» xa que houbo quen levou os viaxes que lle saíu da gana e incluso parece que algún foi para fora da parroquia, mentres os propios comuneiros quedaron sen nada, algo que vai contra os estatutos.
Artigo 8.- Corresponde a la Asamblea General:
... La distribución de aprovechamientos, beneficios y cargas...
No seu día na nosa casa comprámoslle leña á Comunidade de Baroña. Sen non lembro mal, para os comuneiros tiñan un prezo e para fora outro, pois a pesar de ter familia, optamos por pagala igual que calquera outro. Aquí parece que defender á comunidade non entra no plan dalgunha xente ora que á hora de aproveitarse son os primeiros. E todo por culpa dalgúns funcionarios que non saben o posto que ocupan, porque parece que esquecen que toda madeira que temos agora no monte, polo que entendo é NOSA.

Facer amigos á conta do que é da parroquia xa tivemos demasiados exemplos, e se no seu día se negou facilitarlle o uso das maquinas a calquera comuneiro «que para mín foi un erro, xa que paradas deteriorasen antes», a que ven regalar a NOSA leña aos de fora?

No hay comentarios: