jueves, 29 de enero de 2015

É moito pedir que na comunidade decidamos todos e todas?

Se rematamos o ano pasado sen celebrar unha Miserable Asemblea Xeral, HUMILLACIÓN XAMAIS SUFRIDA NA COMUNIDADE, mal comezamos este sen celebrala Asemblea de xaneiro, na que teríamos que actualizalo Censo, que se non estou trabucado o derradeiro foi renovado xa con atraso o 13/05/2012, posto que o día 1 debería estar en poder da Consellería do Medio Rural.

A Comunidade ten que volver a ser DEMOCRÁTICA e os comuneiros e comuneiras temos o dereito ineludible de facernos respectar e participar nos aspectos que nos afectan. Creo que é o momento de apostar por recuperar ese mecanismo de participación, e sobre todo que se nos tome en consideración.

Unha Comunidade ten que ser transparente, onde os comuneiros e comuneiras coñezamos de primeira man os acordos que se toman e sen escurantismos.

Na Comunidade debemos ser tratados inescusablemente en pé de igualdade, xa que cada «CASA ABERTA» é un voto, por moito que nalgunhas vivan reitores, e crean que por ese mero feito teñen máis dereito que calquera.

En que se gasta o NOSO DIÑEIRO? Esta é unha pregunta que nos facemos a maioría, á vista do escurantismo que non só percibimos, se non que se dá.

Ao igual que facía cando era o secretario, e iso que daquela o ordenador era meu, xa que temos un local amplo onde espola, debemos esixir a publicación periódica das contas públicas para que calquera de nós poida consultar en que se gastan os NOSOS FONDOS, e como e cando se aprobou dito gasto.

A caso non se adquiriu un ordenador e unha impresora para servizo da Comunidade ou só se comprou para presumir e chupar unha subvención?

No hay comentarios: