jueves, 22 de enero de 2015

Tiña entendido que a Consellería do Medio Rural e Mar, non se metía nos problemas internos das Comunidades

Se o que reflicte esta noticia é verdade, a mesma Consellería debería explicar como lle meteron varios goles na nosa Comunidade. O primeiro foi dar por válida esta Asemblea, xa que non houbo quórum, e iso tiñan que sabelo, salvo que non lles interesase comprobalo censo por causas que se me escapan.

O segundo porque desde o Distrito, entendo que con fondos públicos déuselle material (barras de ferro a malla), a un grupo de gandeiros para facer un novo peche, que non foi aprobado pola Asemblea Xeral, e isto sabíano porque non lles puideron entregar ningún tipo de certificación, amosando que se cumpriran tódolos requisitos legais e estatutarios.

E o terceiro porque o ano pasado ao non celebrarse ningunha Asemblea non aprobamos o censo, polo que a día de hoxe, tamén constan nel varios comuneiros falecidos, e non temos constancia que aquí houbese toques de atención, salvo que como en moitos temas haxa un secretismo visceral.

La Voz de Galicia: A directiva dos comuneiros de San Xulián xustifica os cambios do censo

O novo presidente da comunidade de montes de San Xulián de Marín, Manuel Estévez, xustificou onte os cambios do censo das eleccións do domingo, alegando que se aplicaron os estatutos e que a votación é legal. Estévez admitiu que a decisión, que supuxo a eliminación da lista de case 300 comuneiros, pode parecer unha «medida drástica», pero asegurou que se tomou para evitar a disolución da entidade, e que, co paso do tempo, entenderase como «algo normal».

«O censo non se manipulou, nas asembleas nunca había quórum e a Xunta deunos unha chamada de atención», precisa Estévez.
O presidente electo explicou que ante esta situación se aplicou un artigo dos estatutos que retira a condición de comuneiro aos que somen tres faltas de asistencia ás asembleas. Con este argumento explica a redución do censo de 557 (2013) a 271 persoas. «¿Para que queremos 700 comuneiros se só veñen 80 á asemblea? Polo censo deles [a candidatura alternativa] a comunidade quedaría sen goberno». Estévez sostivo que se non se votase e renovase xa a xunta reitora, a Xunta podería asumir a xestión.

Ademais, engadiu que o censo actual non o decidiu el, senón a anterior xunta -onde era secretario- e onde se acordou a aplicación do criterio citado e insistiu en que o ex vicepresidente, que agora está entre os críticos, aceptouno. Para rematar, Estévez precisou que «dentro dun mes ábrese o censo», polo que os excluídos poden pedir a súa reincorporación.

O exvicepresidente Laureano Allariz insistiu en que ese censo non é válido porque se entregou á Xunta o 7 de novembro e a terceira asemblea, onde para el deberon contarse esas faltas, fíxose o 21 de decembro.

No hay comentarios: