domingo, 9 de febrero de 2014

Basta xa de tanta manipulación, falsidade e mentiras!!!

Por se tiña algunha dúbida que o tema da Variante de Portosín, estase politizando, veumo a confirmar esta noticia: A plataforma contra a variante busca o apoio dos grupos políticos sonenses
A plataforma veciñal contra a variante de Portosín segue buscando apoios á súa causa, e para iso iniciou unha rolda de contactos cos distintos grupos políticos con representación no municipio. Hai uns días tocoulle a quenda ao PSOE, e antonte o local da comunidade de montes de Nebra recibiu á deputada nacionalista Ana Pontón, que volveu mostrar o rexeitamento da súa formación ao proxecto da estrada.

Aínda que no seu día o Bloque xa levou o asunto ao parlamento autonómico a través dunha serie de preguntas, Pontón comprometeuse a incluír a construción da infraestrutura no debate no Hórreo. Ademais, os nacionalistas sonenses volverán solicitar un pleno extraordinario para que se trate esta cuestión. Fixérono xa unha vez e a sesión non se convocou porque non reunían o mínimo de edís esixido, pero agora o PSOE podería apoiar a proposta. Desde a plataforma indicaron que os socialistas tamén lles manifestaron o seu apoio, así que esperan que axuden a forzar a convocatoria do pleno.

Fontes dos comuneiros de Nebra, integrados no colectivo contra a variante porque lles afecta, sinalaron que as reunións sobre a estrada están a celebrarse no seu local «porque non nos deixan usar espazos municipais» e que aínda esperan a resposta á solicitude para reunirse co PP local.
En primeiro lugar quero manifestar a miña total repulsa porque alguén, aínda que podo intuír quen é, estea utilizado o nome da Comunidade de Montes para sustentar esta manipulación e trapallada con mentiras, xa que os comuneiros aínda non nos pronunciásemos ao non ser convocados a ningunha asemblea ao efecto, e o peor de todo é, que nen sequera contaron cos vogais.

Porén o que máis me choca de todo isto é que o 30 de xaneiro, cando os Técnicos da Xunta explicaron o proxecto da variante en Portosín, de Nebra só estivemos presentes o meu fillo e máis eu. Alí non acudiu nin o presidente, que neste intre ocupa ilegalmente o cargo, nin ningún dos reitores, que todo hai que dicilo, están na mesma situación. Dado que o último tramo da Variante ocupa parte do noso monte a súa obriga era acudir á reunión.
Outro tema, e isto si que é rechamante é que tendo un local como temos en Nebra, digan que o Concello non lles deixa usar espazos municipais «Sic». A parte de ser presuntamente mentira, ou polo menos confirmouma o alcalde, que senso ten que teñamos a nosa sede e quixesen usar unha do Concello, que por certo, en Nebra non ten? Cal pediron? A Casa de Cultura do Son, Noal, Portosín, Miñortos, Baroña, Ribasieira, Caamaño, Queiruga, Xuño ou Muro?

Sóalles raro, verdade?. Pois a min máis. E non só por iso, se non porque ningún comuneiro ou comuneira entendería que para falar de algo que nos atane teñamos que desprazarnos fóra da parroquia. Se valeu para que a señora ana Pontón, o usase grazas a quen ten de man, para nós tamén é o mellor espazo para debatelos nosos problemas.

A todo isto, pregúntome se esa reunión foi a «porta pechada»?, porque ningún veciño cos que falei soubo nada, nin tampouco o vogal co que contactei. Eu tampouco tiven oportunidade de ollalo panfleto, se é que expuxeron algún. Tanto é que agora visitei a súa web e non mencionan nada.

A Verdade foi unha magoa, porque coma copropietario do local tiña dereito a preguntarlle, por que agora defende tanto a uns veciños e o seu partido dende o bipartito, «rouboulle» parte dun agro a meu pai. Acolléndose ao silencio administrativo para evitar problemas legais: Medio Rural non contesta.

Fíxense o carente que esta a xente de información, que moitos aínda pensan que a Variante remata nas proximidades de Loreto, atravesando a aldea de Quintáns, cando segundo a opción escollida, nun principio remata en Cans.

Din que rectificar é de sabios, máis gustaríame saber por que agora o BNG, oponse a esta infraestrutura, cando segundo se nos explicou en Portosín, presuntamente o bipartito na Xunta elaborou un proxecto valorado en máis de 80.000 €, e aquí a Asemblea local, levábaa no seu programa electoral.

El Correo Gallego: La variante de Noia preocupa al BNG de O Son La edil del BNG aseguró que lo que más preocupa a Porto do Son es "que unha vez as máquinas comencen a traballar xa non paren e continúen en Portosín"
E xa para rematar non entendo como o trigobeno de Noia, no cal esta integrado o BNG, dou o seu visto e prace. Existen diferenzas entre a asemblea local de Noia e a do Son? Cal será a postura do seu Consello Comarcal?

Por certo para que ninguén me malinterprete, persoalmente non gusto da obra, pola súa afectación e porque coido que cando rematen coa ponte, acabarase co embude de Noia. Esta opinión compartina con unha amiga, que ten outra ben distinta, que por suposto respecto como ela respecta a miña.

No hay comentarios: