lunes, 3 de febrero de 2014

Se hai demanda por que non nos aproveitamos?


El Progreso: "A demanda internacional de castaña galega é moito maior cá oferta, hai moito mercado"

A castaña de Galicia, amparada por unha IXP, é un produto emerxente que se exporta a máis de 60 países. O secretario do consello regulador, Manuel López Vilariño, afirma que aínda queda oco no mercado para producir máis, pero advirte das fraudes e das marcas enganosas que poñen en risco a castaña autóctona.

MANUEL LÓPEZ Vilariño é o secretario do consello regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia. Estivo onte no Saviñao para dar unha charla sobre diferentes aspectos do froito, despois de que os veciños da zona se interesasen pola recuperación da produción dos soutos abandonados.

Ten O Saviñao potencial para a produción de castaña?

En xeral toda a comarca de Lemos e a Ribeira Sacra. En Chantada, Monterroso e Ourense están as empresas de transformación de castaña porque gran parte da súa materia prima está en Galicia, pero esas empresas precisan máis castaña.

E como está a produción no contorno?

Hai interese por recuperar os soutos e facer novas prantacións. A demanda de castañas é moito maior cá oferta e hai mercado para a castaña galega. Dende hai dous séculos é un produto que se deixou de lado por outras actividades coma a gandería de carne ou de leite, pero agora, non sei se pola crise ou porque a xente se deu conta do seu potencial, empézase a mirar de novo para a castaña.

No hay comentarios: