viernes, 13 de diciembre de 2013

Diñeiro chama a diñeiro?

Hainos con sorte e nisto parece que os políticos son especialistas. Non dubidando da "sorte" do Señor Louzan, eses 350 € non o van facer máis rico, nin máis pobre, porén podería facer feliz a unha familia neste Nadal e así despexalas dúbidas de porque os políticos teñen tanta sorte co azar.

Xa sei que é difícil desfacerse de certas "prebendas", porque tocoume vivilo cos excompañeiros, cando unha empresa doounos aos directivos da Xunta Reitora da comunidade, un lote de viños.

La Voz de Galicia: Rafael Louzán gaña o cheque regalo de 350 euros do concurso de tapas de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra confirmou que recollerá o premio para gastar no comercio local

Entre o once premiados cun cheque regalo para gastar no comercio local está Rafael Louzán. O presidente da Deputación é un dos agraciados do sorteo do concurso de tapas de Pontevedra, Ponche de Tapas, organizado polo grupo municipal socialista. Rafael Louzán confirmou que irá recoller o seu premio, do mesmo xeito que os outros dez agraciados. Entre todos, o Concello reparte catro mil euros.

Os participantes en Ponche de Tapas cubrían un papel coa valoración da tapa que habían consumido e depositábana nunha urna para o sorteo. Hoxe celebrouse e, curiosamente, Rafael Louzán Abal é un dos premiados co cheque regalo de maior valor, despois do de 400.

A sorte sempre sorrí a Carlos Fabra
Un perito di que as contas de Carlos Fabra 'non saen' nin con lotaría

No hay comentarios: