viernes, 27 de diciembre de 2013

Comuneiros agradecidos e directivos aproveitados

Mentres noutras Comunidades de Montes e parroquias agradecen a labor, aínda que sexa a título póstumo, dalgún dos seus exdirixentes, aquí aproveitámonos do legado que nos deixaron algúns e non falo a título persoal.

Cando unha persoa, dá o paso para formar parte da representación comunal, é dicir, ser elixido reitor para representarnos, deixa de ser un comuneiro común para ter que comportarse sempre dun xeito correcto ante as persoas que representa, o que en moitos casos, supón unha renuncia persoal a certos espazos de liberdade, que ten que levar a cabo, para mantelo nos respecto, porque aínda que teñan dereito a certas licenzas, ben é certo, que non poden dar a imaxe de ser unha persoa de vida desordenada ou que non saben responder á imaxe de autoridade pública que lles demos.


E aínda que unha persoa teña nas súas mans o poder da administración da Comunidade, debe de ter sempre un comportamento, se cadra, máis humilde do esixido, para poder representarnos do xeito máis achegado posible e así poder recibir mellor as problemáticas que nos preocupan.

Aclarado isto, teño todo o dereito do mundo a denunciar unha vez máis que en Nebra, temos directivos aproveitados que no canto de ser agradecidos, sen merecelo, apuntábanse a «enchelo bandullo e a regalo ben» á conta da comunidade. Sempre pensei que, «a muller do Cesar non só ten que ser honrada, se non que tamén debe de asemellalo.».


De aí que a menor oportunidade e cando ollei por onde ían os derroteiros fuxise da Xunta, aínda que iso me supuxese non cobrar o que por Lei me corresponde e algún pense que me expulsou..., esquecéndose que iso só acontece nas Ditaduras.
Faro de Vigo: En recordo de Manuel Solla Tomé

As asociacións e Mourente homenaxean ao líder veciñal no primeiro aniversario da súa morte

O monte da Rodela será escenario mañá do arranque da homenaxe a Manuel Solla Tomé, o líder veciñal e activista cultural falecido o pasado ano e que estivo detrás de boa parte das iniciativas desenvolvidas na parroquia, como a Sociedade Cultural e Deportiva e a Comunidade de Montes, dúas das entidades que organizan os actos de recordo en colaboración co grupo de teatro Xenio e a coral "Voces Amigas", da que era presidente cando faleceu.

Ás 17 horas a Comunidade de Montes descubrirá no monte da Rodela unha placa na súa memoria. Hora e media despois a igrexa parroquial será escenario do oficio relixioso do primeiro aniversario e ás 20 horas a Sociedade Cultural e Deportiva será escenario do acto de recordo no que participará este colectivo, o grupo de teatro Xenio, os comuneiros e a coral.

Todos eles lembrarán o labor de Manuel Solla en diferentes colectivos sociais, culturais e de xestión dos montes, entidades nas que, afirman, marcou un modelo de xestión. "Exemplo de integridade persoal, a súa actividade estivo marcada pola independencia, a eficacia na xestión e o progreso da parroquia como obxectivo principal", sinalan os organizadores.

Estes subliñan que Manuel Solla Tomé "en Mourente creou escola e hoxe é respectado polos seus méritos e polos grandes servizos que lle prestou; a noticia da súa morte fai agora un ano causou gran conmoción e fondo pesar nos moitos amigos que deixou e que lembran a súa capacidade de traballo, o seu entusiasmo e carácter amigable".

No hay comentarios: