domingo, 29 de diciembre de 2013

Cantos sodes capaces de vincular ao señor Otero (Q.E.P.D.), coa creación da Comunidade de Montes?

Seguramente ben poucos e o presidente na clandestinidade dende maio, o primerio. Pois ben, ademais de ser o primeiro presidente da comunidade, tamén o foi da asociación de veciños. Logo de arrebatarlle a documentación e o cargo (coñezo a historia porque contouma persoalmente), vería a etapa máis negra da comunidade até os nosos días, que seguramente daría para escribir varios libros.

A ninguén lle gusta furgar no pasado, sobre todo a este presidente, salvo, por política, se son cousas do Concello a pesares de que xamais conseguiu a condición de edil. Porén para que en Nebra non se repita a historia as veces é conveniente descubrir de onde vimos e a onde vamos e saber quen foi e quen é na Comunidade.

Faro de Vigo: Mourente non esquece a Solla Tomé

A parroquia homenaxea a figura do líder veciñal e promotor cultural

Existimos tamén porque nos lembran, de modo que Manuel Solla Tomé segue vivo en Mourente, onde impulsou tantas actividades e proxectos, caso da Sociedade Cultural e Deportiva, o grupo Teatro Xenio, a Comunidade de Montes ou a agrupación coral Voces Amigas de Mourente.

Todos estes colectivos uníronse onte nunha homenaxe ao líder veciñal no primeiro aniversario do seu falecemento.

Os actos arrincaron en Monte da Rodela, onde a Comunidade de Montes de Mourente descubriu unha placa conmemorativa. Esta busca perpetuar a memoria dunha persoa que contribuíu a marcar un modelo de xestión dos recursos forestais e cuxos veciños lembran polo seu entusiasmo, capacidade de traballo e empatía, un carácter amigable que fixo que o seu falecemento causase un profundo pesar entre as numerosas persoas que o apreciaban.

Tras o descubrimento da placa os participantes na xornada trasladáronse á igrexa parroquia de Mourente, onde se oficiou unha misa en memoria de Manuel Solla Tomé. A familia Solla Barragáns estivo acompañada polos veciños que quixeron mostrar o seu aprecio a unha persoa de "exemplo de integridade persoal", como destacan os organizadores dos actos.

Estes inciden en que a actividade do líder veciñal e promotor cultural falecido "estivo marcada pola independencia, a eficacia na xestión e o progreso da parroquia como obxectivo principal".

A xornada tamén incluíu un acto de recordo na sede da Sociedade Cultural e Deportiva no que participaron as catro citadas agrupacións que xestou e/ou encabezou Manuel Solla Tomé. Foi outra oportunidade para rememorar os importantes servizos que prestou á parroquia que hoxe negase a esquecelo.

No hay comentarios: