martes, 19 de noviembre de 2013

O que se «enfronte» ao presidente, está perdido

O primeiro en sufrilas consecuencias do noso ilustre presidente como ben sabedes fun eu. Nunca mencionei este dato, mais como se confesou en La Voz de Galicia, agora é publico: «Coñecín Barbanza por un campamento da Falanxe, pero nunca vestín camisa azul». Vestir non a vestiría, máis algunha reminiscencia quedoulle.

No meu caso podo entendelo «non deixei que me mangoneara e levantaba as actas fehacientemente, como tiña que ser». Porén houbo outros comuneiros que como lle cantaban as corenta, enfrontábase verbalmente con eles.

O primeiro en verlle as orellas ao lobo foi José de Carantoña, soamente por dicirlle que ao facelos peches na Cabana, pola parte de San Martiño e na Devesa, cortaranlle as entradas aos agros.

O segundo enfrontamento tívoo con ocasión dos incendios do ano 2006, porque unha pala deixou bloqueado un camiño con montes de terra.

E das escaramuzas e rifas pasamos ás cacicadas, porque o que lle está facendo a este comuneiro non ten nome. Na zona onde a comunidade meteu os porcos, José ten un agro e puxáronllo patas arriba. Falou con el, e desentendéuselle de todo.

O curioso é que nese medio tempo entráronlle a outro comuneiro, coméndolle unha pouca herba. Porén neste caso polo visto correron a indemnizalo presuntamente con 300 quilos de penso.

Ante semellante afronta e despois de esixirlle unha resposta que nunca lle deu, non lle quedou máis remedio que contratalos servizos dun notario e un avogado.

A estas alturas supoño que as responsabilidades teranse que dirimir no Xulgado. Polo que moitos comuneiros xa están tremendo que o presidente se defenda cos nosos cartos e todo por non dalo brazo a torcer.

Obsérvese a gran diferenza entre a súa actuación coa do presidente da comunidade de Baroña. Aquí tampouco podo deixar de escapar a canallada que xunto con Medio Rural lle fixo a meu pai.

Gustaríame saber porque neste caso o Distrito ante unha causa de forza maior está disposto a pagar e no noso caso, nin indemnización, nin desculpas. A xente é a mesma que permitiu aquela cacicada. A única variación está no troco que houbo no goberno da Xunta e na Consellería.



1 comentario:

Anónimo dijo...

Non sei se lle gustaría moito que o que lle fixeron os porcos a José, llo fixesen a el na súa propiedade.

A todo isto, por se non o sabes, houbo máis comuneiros que tamén sufriron desfeitas. Neste caso parece que algún deles foi agraciado con uns xamóns que lle deixaron no restaurante, onde celebran as súa comedelas.