martes, 29 de octubre de 2013

O que estea libre de pecado que tire a primeira pedra

Profundando un pouco na entrada de onte, este artigo venme que nin pintado. Aínda estando de acordo coa crítica, non é bo demonizar só aos demais e santificar aos seus.

Terra e Tempo: Brutal expropiación dos nosos recursos naturais, do noso patrimonio económico

Vivimos tempos en que se agudiza dunha maneira brutal a expropiación dos nosos recursos económicos, financeiros e industriais. Ponse cruamente de manifesto o papel subordinado de Galiza, a nosa dura colonizacións –man de obra barata, materias primas e recursos financeiros- ao servizo das elites españolistas. Que ninguén se engane, estamos ante un problema estrutural e político histórico –este é o miolo da cuestión- agravado iso si, pola crise. Abruma o abrutado esquilmar das nosas riquezas nacionais. A entrega desforada que se fai das mesmas aos intereses foráneos, non ten precedente, na nosa historia mais recente. As consecuencias de tales accións sufrímolas todos, agás esa elite minoritaria galega e española, que en concordancia cos gobernantes, son tamén responsábeis de tal estado de cousas. Tamén o son da ruína do pais, que conta con recursos suficientes para que os galegos e galegas vivamos coa dignidade, coa que debe vivir unha persoa. Non contentos de mofarse con escarnio de todos nós queren converternos nun pobo mísero, minuírnos e sen futuro.

Novagalicia Banco é entregada apresuradamente a poderes foráneos, sen mais. Industrias importantes asentadas no pais, que teñen acaparado materias primas e suculentas subvención das institucións galegas - diñeiro de todos nós- son entregadas ou fechadas, cando non deslocalizadas. Ollemos. Alimentos Lácteos, proxecto estrela do goberno do PP (engule máis de 20 millóns de euros), T-Solar Global (mais de 60 millóns de euros), Pescanova recibe suculentas subvencións, amais de ter parte do poder financeiro do seu lado, para darlle créditos brandos. Os inventos de ultima hora, como as rechamantes fabricas de coches eléctricos (que tragan mais 20 millóns en subvencións). Fenosa retoma o seu pulo de someternos aos seus caprichos, así que acapara mais de 700 millóns, si 700 millóns de euros no período 2012-2015, ademais de saltarse a legalidade ao quedar libre de realizar obras de reforzo e adecuación das liñas,como establece o decreto 222/2008. Esta inversión que deberían ser pagadas pola empresa resulta que segundo o asinado polo goberno autonómico e a empresa, esta queda libre de tal actuacións. !Que latrocinio. Mentres minorías de empresarios corruptos acaparan recursos materias e financeiros de toda a sociedade galega co beneplácito dos actuais gobernantes, centos de miles de galegos, e pequenas e medianas empresas, sofren drásticos recortes e ben minorizados e arruinados os seus recurso de supervivencia.

Rexenerar, dar pasos, é tamén obrigar a eses empresarios que teñen recibidos subvencións ao tempo que liquidan as súas empresas, a que devolvan os cartos que se lles teñan entregado. Aos empresarios que se deslocalizan, é imperativo esixirlles a devolución das subvención. E que decir de esas de mais de 4.000 empresas que obteñen as nosas materias primas e que pagan impostos no estranxeiro, por un valor superior aos 1.000 Millón de euros. Desafoganse bancos e grandes empresas con cartos de todo nós, ao tempo que se afogan os servizo básicos para as persoas, ou a financiación para esas pequenas e medianas empresas que se estenden pola nosa xeografía. Afogase o noso sector produtivo. Néganse sistematicamente recursos aos sectores agrarios e pesqueiros. Mentres o sector financeiro apalancan mais de 55.000 millóns dos galegos e galega, resulta que os prestamos que ofrece son inferiores aos atrancados, perto de 53.000 millóns. Acaparan diñeiro pero non fan fluír os créditos. Que pretenden? Engordar o sector para drenar os nosos cartos cara o estranxeiro ou cara poderes financeiros claramente especulativos.

As decisións políticas son as que deciden poñer os cartos públicos en bancos que logo entregan a interese privados. Son as que mandan entregan os nosos depósitos financeiros a intereses alleos. Tamén, son as que se negan a devolver os cartos a eses empresarios galegos que inverteron en Novagalicia Banco. Falando deste tema, este días coñeciamos que tivo lugar un xuízo entre este sector de empresarios e o FROM, para dilucidar se o suízo se celebraba en Galiza, A Coruña, ou nesa metrópole avarenta e imperial como é Madrid. Curioso, non? Ao fin, semella que hai mais galegos que empeza a darse conta de que non é o mesmo resolver as cousas na Galiza ou noutro pais. Que non é o mesmo, onde estean localizados os poderes decisorios tanto da economía como da política. Que non da o mesmo que se decidan aquí as cousas ou non. Son as decisión políticas as que levan a ruína aos galegos e galegas. Son, en definitiva as primeiras que hai que mudar. Mais en Galiza mudar decisións políticas significa mudar partidos españolistas por partidos nacionalistas. A mundanza de poder entre partidos españois, non solucionara o verdadeiro problema de Galiza, a nosa falta de Soberanía. Ser soberanos é darlle solución aos nosos problemas. A solución é a soberanía nacional. Neste sentido dará o mesmo a gobernanza de PP, PSOE ou EU... «Tomeime a licenza de escribir un comentario, para engadirlle: ou BNG, non entendelo deste xeito é seguir arruinando aos galegos e galegas.

O noso pais é unha autentica mina en recursos naturais, así no lo mostra a nosa historia económica que esta chea de espolios constante, onde os foráneos, sempre en convivencias cos poderes políticos de turno
, obteñen suculentos benifícios da nosa patria, pondo as nosas economía, os nosos sectores produtivos, sempre a disposición dos seus intereses económicos, que para nada son os da sociedade galega. Falando de minas é bom lembremos, que temos os mellores depósito de seixo –patrimonio de Galiza- de Europa, material de grande valor pola súa utilizacións nos macroprocesadores ou paneis solares, nas mans do grupo Villar Mir. Racionalmente, alguén pode permitir que estas actividade empresarias, non tellan fortes cargas impositivas que redunden no beneficios dos galegos? Non nos dámos conta, de que esta é a mellor panca que que temos para o desenvolvemento de todos os galegos?. Combatamos con forza e decisión para que os nosos recursos naturais, que amais de ser patrimonio de Galiza, sirvan aos intereses desta patria.

Asumamos, dunha vez por todas, que Galiza é un negocio que produce grandes lucros para o imperio español. Como entender senón o trato que se no dá por parte da españolidade?. Así que, con absoluta certeza podemos a firmar que os balances fiscais, ao longo da nosa historia, en relación co estado español, son a todas luces favorábeis a Galiza. É decir que entregamos mais do que recibimos. Motivo da tiranización a que se sometes este pobo. Premisa demostrada, verificada, nunha contundente e precisa análise feita polo economista Xosé Diaz, Os fluxos fiscais entre Galiza e o Estado. Os nacionalistas debemos ter presente esta análise para a mellor comprensión do papel que cumpre Galiza neste estado español, e os economistas interesados no pais, amais de valorizalo deberían telo como premisas para futuros estudos sobre a nosa realidade económica. Pesquisar nesta liña é aportar sólidos e duradoiros, firmes, argumentos a necesidade de ter un poder político galego Soberano.

Mirando a historia deste pais, é fácil ver o asedio que se fixo e fai a nosa economía nas súas diferentes etapas históricas. E ver como se tronzan e frustran os nosos sectores produtivos, a nosa economía, cando adequiren certo desenvolvemento, xa que isto, ao parecer, faina perigosa para os intereses da españolidade. Na nosa proximidade temporal, temos a demolición do sistema lácteo galego (cargándose mais de 90.000 explotacións); a do naval (no ano 1976 empregaba a mais de 20.000 traballadores e representaba o 35% do conxunto do estado); o pesqueiro onde Pescanova a máis de marcar as pautas do sector cara os seus intereses e ser unha grande empresa, sucumbe. O forestal, onde Finsa orienta toda a política forestal en base os seus intereses. O peches nestes últimos anos de mais de 6.000 empresas.Todos arruinados hoxe, ou en proceso de extinción. Fronte a tal estado de cousas, só unha política nacionalista de choque frontal pode transformar a situación.

No pasado, os nosos florecentes sectores económicos relacionados coa produción vitivinícola e cárnica, ambas con amplos comercios na Inglaterra e Portugal, foron frustrado, impedidos de ter un desenvolvemento normal. A nosa florecente industria dos tecido con mercados en latinoamerica e con empresas que xa creaban importante cantidade de postos de traballo, ademais de un interesante progreso, frustanse, sucumben, estráganse, por decisión político- comercias do momento. Son decisións políticas, as que tamén impeden vender os nosos produtos ou as que deciden os impostos arancelarias intolerábeis que afectaban directamente ao noso comercio. O ataque a esta incipiente industria, a dos tecidos, por parte dunha competencia foránea apoiada por fortes institucións política, e sen institucións valedoras propias no pais, fixérona morrer. Con cadeas comerciais que se poñen na mans foráneas, por intereses de favorecer outros territorios, de negociante pouco escrupulosos e dependente ou comisionados polos comerciantes alleos. Unha das característica da nosa economía a longo da nosa historia, é de que os nosos sectores produtivos obedecen a deseños que teñen como finalidade enriquecer aos de fora a nosa costa, deste modo, a nosa economía estaría sempre baixo o caprichos dos intereses alleos. Arripozada e entupida. Produto de decisións políticas, favorecedoras de intereses económicos non galegos. A industria galegas non se apoia pensando no benestar dos galegos, senón pensando no papel de subordinación a industria española. As políticas que se fagan, son determinantes para a nosa economía. As institucións políticas, queirase ou non, son sempre fundamentais no proceso de desenvolvemento económico dun pais, hoxe quizais máis, por esa macroeconomia europeizada. Este avanzar globalizador da economía, fai que cada vez teñan mais importancia as decisións políticas tomadas en Galiza. O sector produtivo galego, así como o financeiro, ou teñen un claro resorte e apoio político do goberno galego, ou sucumbira, cousa que xa esta a pasar. A actuación dos poderes políticos galegos, esta obriga a estar próxima ao sector produtivo galego, ao sector empresaria galego, ou non estará cumprindo o seu papel de gobernanza, orientador e impulsor de políticas que redunden no beneficio dos galegos e galegas. Hai que crear un clima galego propicio para as empresas galegas e para a capacitación tecnolóxica dos galegos e galegas. Hai que tronzar esa política económica corto pracista, feita por intereses electorais e favorecedora das elites económicas, sustentada en subvencións, sen ter en conta a realidade das nosa economía ou dos nosos sectores produtivos. Esta é unha política herdeira da nosa colonización, do franquismo, e que como podemos ver, fracasa ano tras ano, e só nos leva a un destino final, a ruína. Bradar por un sistema financeiro galego, bradar pola nosa industria produtiva, é bradar polos galegos e galegas.

No hay comentarios: