lunes, 28 de octubre de 2013

Cando as cousas se fan con sentido común


Novas de Noia: Expropiación en Labarta
  1. O Concello de Noia tomou o venres 28 de Xuño posesión dos terreos da finca expropiada na rúa Pintor Xenaro Carrero, procedendo á demolición dos peches da parcela expropiada.
  2. No Consello da Xunta celebrado o xoves 28 de Febreiro, e publicado no DOG de 12 de Marzo, aprobouse a petición realizada polo Concello de Noia de ocupación urxente solicitada polo Concello de Noia de 470 metros cadrados de finca na Rúa Pintor Xenaro Carrero no seu encontro coa Rúa Francisco Creo
  3. O Concello de Noia iniciara o procedemento de expropiación de 470 metros cadrados de finca na rúa Pintor Xenaro Carrero ante a imposibilidade de chegar a acordos cos propietarios, a pesar de telo tentado en reiteradas ocasións nos últimos anos. A apertura desta rúa de doce metros de largo estaba prevista xa nas normas subsidiarias do Concello de 1991.
  4. O Concello de Noia consignou para o pago da expropiación unha partida con fondos municipais de 76.918,79 € que inclúe o pago do terreo, as árbores e os muros a demoler. Ademais o Concello xa ten realizado o proxecto de execución da obra cun orzamento de 111.231,86 €, e que conta cos permisos de patrimonio tanto para a obra como para o proxecto arqueolóxico.
  5. Tralo levantamento das actas previas de ocupación, e mandar inscribir a parcela ao rexistro nesta mesma semana ocupouse a finca; desde o Concello tentárase axilizar ao máximo posible os trámites administrativos para poder acometer canto antes as obras. Que hoxe mesmo van ao pleno da Deputación provincial dentro do convenio entre o Concello de Noia e a Deputación de A Coruña:
  6. O convenio para a apertura da Rúa Pintor Xenaro Carrero con Francisco Creo, e de Pintor Xenaro coa estrada de Barro ten un orzamento total de 371.005,48 euros. O que se complementa co outro convenio asinado para a zona en Rúa Pedra Sartaña cun orzamento de 50.000 euros dos que a Deputación aporta 40 mil e o Concello de Noia 10 mil.
  7. Desde o Concello amósase a satisfacción por estes pasos xa que permitirán levar a cabo unha vella reclamación dos veciños da zona, e unha enorme mellora nas comunicacións viarias da vila ao unir a estrada de Barro con Pedra Sartaña, coexionando o importante Barrio de Labarta coa Zona vella.
Facendo caso ao punto número 5: Tralo levantamento das actas previas de ocupación, e mandar inscribir a parcela ao rexistro nesta mesma semana ocupouse a finca... Debo supor tal e como manifestei no seu día que, mentres a Comunidade, e por defecto o culpable, o presidente, non legalice este roubo nesta propiedade nosa, en teoría, ou máis ben na practica, seguimos sendo os donos do terreo ocupado ilegalmente pola pista.


Agora que ando a voltas cos trámites da liquidación do imposto sobre sucesións, o que teño ben claro é que non vou pagar por ela e se o teño que facer, póñolle catro postes e unha cadea e que me veñan reclamar, iso si, cos papeis tan clariños como nestes casos de Noia e Bagüín.

Así actuou o bigoberno nacionalista e progresista?, tal e como teño denunciado aquí


A Xunta expropia os terreos para facelo sendeiro de Bagüín


Nota: Esta entrada tíñaa en borradores dende o 17 de xullo, a espera de poder sacarlle unhas fotos á nova rúa. Por ter teño máis cousa pendentes de denunciar. Porén tamén é verdade que todo este tempo no que apenas publiquei nada, foi por tomarme un relax.

No hay comentarios: