miércoles, 30 de octubre de 2013

Magoa que algúns só ollen as presuntas actitudes antidemocráticas no inimigo e pechen os ollos cos seus

«A necesidade de trocar tanto a estrutura como a cimentación motivan a variación. A obra volvera sacarse a concurso»
Como teño denunciado e criticado, no seu día adxudicouse en poxa pública o primeiro proxecto do Local Comunitario. Porén á hora de querer poñerse mans á obra, presuntamente o Concello non deu a licenza porque o volume edificable superaba as normas subsidiarias.

Foi entón cando o presidente facendo caso ao aparellador municipal «autor do proxecto», decidiron encargarlle un novo a unha arquitecta amiga do segundo, reducíndoo varios M2 e suprimindo o segundo edificio.

Até aquí todo ben. O malo foi cando o presidente obviando a legalidade, porque botábanselle enriba as eleccións municipais decidiu adxudicar directamente ese novo proxecto ao mesmo empresario, sabendo que había unha variación substancial no valor da obra e que, por si solo, non podía facer tal cousa.

Non fun quen de facelo recapacitar e moito menos despois de que na Asemblea Local do BNG, estivesen máis de acordo coa súa postura que coa miña. De feito nunca lles gustou que comentase as "súas fazañas". Algo que non acontecía cando si se criticaban actuacións de directivos doutras comunidades, coma por exemplo a de Caamaño. Aquí a vara de medir era distinta.

Agora ollando como actuou e actúa o Concello de Ribeira coa nova praza de abastos, ven a amosarme que non ía mal encamiñado nas miñas críticas. Como digo sempre, aínda que os meus estudos sexan primarios, tiven a inmensa fortuna de que o MESTRE a pesar de non ter título, tiña moita educación e uns valores por principio, ao que agradezo sinceramente que fose quen de transmitirmos.

Lamento sinceramente pola amizade que no unía que o comuneiro que interpelou ao presidente nesta asemblea, falecese antes de saber canto nos custou realmente o local- Conmigo iso non pasaría, porque os fondos comunitarios non son meus, nin do presidente..., son de tódolos comuneiros e comuneiras.


El Correo Gallego: O atraso do mercado de Ribeira "preocupa" aos case 30 praceiros

La Voz de Galicia: Manuel Ruiz:«Estou farto de ter que demostrar que son democrático»
A historia repítese. Esta primavera, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, aseguraba estar farto de ter que facer ver á sociedade que era un político honrado. As declaracións fixéronse no pleno de marzo ao ter presentado o BNG unha moción sobre transparencia e nunha época na que a corrupción parece ser unha epidemia...
Persoalmente non coñezo a Manuel Ruíz e considéroo máis que suficiente para defenderse asi mesmo. A miña única intención e que xulguen vostedes mesmos, á vista dos exemplos que expoño. Quen é o democrático e quen é o ...?

No hay comentarios: