jueves, 8 de agosto de 2013

Co aval da Xunta de Galicia?

La Voz de Galicia: Nebra promociona o seu porco celta cunha festa gastronómica

Os comuneiros porán á venda un mil quilos de carne

Desde o pasado mes de decembro, medio centenar de porcos celtas pastan ás súas anchas nos montes de Nebra, en territorio sonense. Os animais desembarcaron nesta zona en virtude a un convenio trianual que os comuneiros locais asinaron coa asociación de criadores da devandita especie, Asoporcel, co aval da Xunta de Galicia. Sete meses despois de que os exemplares porcinos tomasen os bosques de Porto do Son chegou a hora de comprobar a calidade da súa carne. A primeira partida porase á venda este sábado, no marco dunha festa gastronómica.

De feito, segundo explicou o presidente da comunidade de montes de Nebra, Santiago Suárez, seis exemplares pasaron xa polo matadoiro e foron convertidos nos embutidos, costelas, xamóns e demais produtos que dentro de catro días poderán adquirirse no local da asociación sonense. Son, en total, uns 840 quilos: «Os veterinarios que trataron estes animais xa cualificaron a carne de ibérico de montaner, é dicir, dunha calidade suprema».

Non me atrevo a levarlle a contra aos veterinarios, mais se este porcos que, dado as características do noso monte onde apenas temos carballos esobreiras, dificilmente puideron comer moitas landras como si comen os ibéricos polas devesas de Estremadura ou por zonas de Lugo e Ourense.

A pesar de que desde Asoporcel non sería complicado comercializar esta carne, posto que, segundo explicou Santiago Suárez, o colectivo ten pedidos de distintos lugares do mundo e é incapaz de atendelos todos; os comuneiros de Nebra quixeron que os veciños da parroquia e todos aqueles que o sábado se acheguen á localidade fosen os primeiros en ter ocasión de comprobar os resultados dun proxecto posto en marcha de forma experimental.

De feito, ademais deste seis exemplares, que se porán á venda diseccionados e, nalgúns casos, adobados ou convertidos en embutidos; os comuneiros tamén ofrecerán racións de porco ao espeto, para o que empregarán dous ou tres animais dun tamaño menor. Está previsto que a repartición de tapas comece cara ás dúas da tarde.

No hay comentarios: