domingo, 7 de julio de 2013

Débolle algo señor presidente?


Máis ben é todo contrario, verdade? Porén non se preocupe, cos anos que pasaron xa fai tempo que dei por perdida esa débeda.

Ao que vamos. Dille algo esta mesa? Seguramente como nos ten acostumados cando se fai o desentendido, por non usar outra verba máis ferinte, dirá que non. Por se acaso e para refrescarlle a memoria, lémbrolle que é miña, e que ante a falta de mobiliario para poder celebralas reunións de Xunta Reitora e as asembleas, unha vez alugado o local de Cornido, tomeime a molestia de prestala. Escribir no chan non nos ía ser nada doado, verdade?

Cando celebramos nel a última asemblea, dado que tamén remataba o contrato do alugueiro, pedinlles que ma levasen á casa, e no canto diso, leváronma para o local de Orseño. Como tampouco había mesa, non me pareceu mal a idea. Con todo iso, cando fun "invitado" na última reunión a deixala secretaría da Comunidade, como no tiña lóxica seguir coa cesión, pedinlles que ma devolvesen, e no canto diso, tal vez tomándoa xa como propiedade da Comunidade, leváronma para o local comunitario, facendo uso dela a Xunta Reitora e todo o mundo, mais a culpa non foi de todos, se non súa, como representante da Comunidade.

Ben, ollando como ao seu carón pódese comprobar que tamén decidiron tirar material da Comunidade, non sei de que me estraño ollando como me deixaron a "miña" mesa. Supoño que coma o tractor de leña que lle quedou a deber a meu pai cando lle cruzou o agro coa pista, pódolle botar auga bendita? Alá coa súa conciencia se é que a ten... cousa que dubido. A miña dende logo está ben tranquila.

No hay comentarios: