viernes, 31 de mayo de 2013

Un País de pillos e aproveitados!!!



Que doado é pagalos vicios cos cartos dos contribuíntes ,como aconteceu en Ourense, agora no Congreso dos Deputados e ou dos comuneiros,como aconteceu no fai uns anos na comunidade cando viñeron os voluntarios, e non foi porque eles o exixisen, se non que, quen debería dar exemplo, o presidente, fixo o dispendio pedindo bebidas de etiqueta negra e de alta graduación.

Disto fun testemuña nun establecemento local, de aí que fose a derradeira comedela na que me pillaron. Outros comuneiros, mellor dito un exdirectivo, tamén viviu algo parecido, mais calou tema, por aquilo de non ser «marcado».

No meu caso fora citado polo extesoureiro, para comprobar con un comuneiro os lindes de Nebra con Noal, xa que segundo el, parte da talla que pretendía facer esa Comunidade afectaba a varios pinos nosos. Ao final non eran tantos como pensaba, xa que seu avó confundira unhas pedras, cos supostos marcos «3ª foto punto verde». Como se pode ollar na 1ª foto, os lindes están gravados a modo de petróglifo noutra pedra e logo máis arriba, nun marco de forestal, a carón da propiedades «5ª foto» .

Nós aínda botamos medio día na zona, mais despois déuselle por achegarse o presidente, que deixara aos voluntario a traballar e con el veu tamén o Garda do Distrito. Ollando o que había. Ollando o feito, ese día a miña intención tamén era ir comer á casa, como o fixera noutra ocasión, porén coma sempre saíanme co tema de que sempre os deixaba solos.


Unha desas ocasións fora cando xunto cos voluntarios estiveramos limpando esta cuneta, mais foron outros que en toda mañá non colaboraran nada, entre eles, o presidente, que preferiu dedicarse a amosarlle Noia a unha das voluntarias.Como xa dixen no seu día este traballo non tivo pes nin cabes: facerlle primeiro un risco os tractores co arado, aos que presuntamente pagáronlles e logo os voluntarios remataremos de limpala con sachos. Para facer este traballo, moito mellor, rápido e seguro, tiñamos comprometida unha pa tres días e gratis, grazas a unha contraprestación, aprobada pola Asemblea Xeral, mais ao presidente non lle interesou reclamar á empresa o cumprimento do contrato. Todo o contrario de facer dispendios cos cartos de todos nós

A última comida á que me chamaron e que por suposto tampouco aceptei, non lle vin lóxica, fora na que invitaran á arquitecta que fixo o derradeiro proxecto do local e polo cal pasounos unha suculenta factura. Alí deixei ós tres, mais coido lembrar que había unha terceira persoa allea á comunidade.


La Voz de Galicia: A reprobación do alcalde tiña un prezo


Ao pleno da reprobación do pasado xoves no Concello de Ourense tan só faltoulle a banda sonora da morte tiña un prezo, do mítico Ennio Morricone.

A crítica exposta polo PP (11 edís) e apoiada por Democracia Ourensá (2) foi rexeitada polo PSOE (11 edís) e o BNG (3). Así é a democracia e non hai nada que obxectar. Na acta do pleno quedará o rexeitamento a reprobar a utilización de diñeiro público para sufragar o whisky, ron e xenebra co que se celebrou que un exalcalde de Ourense saíse en liberdade tras ser imputado por delitos de suborno e prevaricación e tras imporlle a xuíza unha fianza de 6.000 euros.

Que levou ao BNG a evitar esta crítica ética? Por que dixo o seu portavoz que co perdón, a devolución do diñeiro dos «gastos impropios» e o ambiguo «alguén terá que irse á casa» éralles suficiente?

Pasei polo Gadis (lugar no que se fixeron os gastos) para calcular o prezo do apoio do BNG ao PSOE. E resulta que facendo a suma (unha botella de whisky 100 Pippers, 11,65 euros; dúas de xenebra Bombai, 22,98; unha de ron Cubay, 6; dous lotes de tónica Blue, 4,78 e un de cervexas Coronita, 7,14), sae un total de 52,55 euros. Un billete de 50 é o prezo teórico que lle puxo o BNG ao afeamento da conduta do alcalde e os seus.

Venderon á cidadanía, que clama contra estas actitudes, por un prato de lentellas.

A oposición do Bloque a censurar a un alcalde que gasta o diñeiro dos contribuíntes en alcol e mariachis, tiña un prezo. Un prezo tan mísero que parece imposible que unha organización que clama no Parlamento e na rúa contra os excesos da dereita puidese dobregarse ante os excesos da esquerda. Hai que buscar outras razóns e outras plusvalías.

O custo do apoio nacionalista ao PSOE non está nos billetes do Gadis e si nos diñeiros que manan do Concello e que lles permiten pagar unha céntrica sede e as nóminas dos cargos de confianza e militantes que aínda quedan no goberno de Ourense tras a ruptura da coalición PSOE-BNG. A estrutura de poder que habían tecido durante a cohabitación segue incólume no Concello.

Fóronse do goberno pero deixaron colocados aos seus aos que o PSOE apenas tocou. E ese diñeiro impórtalle ao Bloque moito máis que a vergoña que sentiron ourensáns, galegos e españois cando se decataron que o diñeiro público dos contribuíntes de Ourense dedicábano os políticos do goberno a ron, whisky e gin-tonics.

A frase é de Antonio Beteta, secretario de Estado de Administracións Públicas, ao anunciar que en Ourense ensaiaríase a reforma da administración local que impulsa Rajoy: «A Deputación de Ourense é un exemplo de xestión e de racionalización do gasto». Miopía, inoportunidade ou gabanza envelenada? Co que aínda pende dos tribunais, a exemplaridade tería que póla en futuro.

Relacionadas...
Carta aberta a Ximena González

La Voz de Galicia: O gasto en xenebra do PSOE de Ourense, gravado en camisetas

El Confidencial: A Mesa do Congreso subvenciona o 'gin-tonic' a señorías e invitados: só custará 3,45 euros


El Confidencial: PP y PSOE defenden o gin-tonic subvencionado no Congreso e non trocarán a norma

Espía no Congreso: A subvención do Congreso ao gin-tonic destapa a lista de políticos con problemas de alcol.

O dito: Cada un que pague os seus vicios!!!


No hay comentarios: