martes, 16 de abril de 2013

Así se desvalixa unha Comunidade (III)


A tomadura de pelo deste reparto custoulle á Comunidade 58,880.000 Ptas., que logo se di. Iso si, non se contabilizan outros gastos extras e as certificacións que aquí se expoñen.

Mais non acabou aí a desfeita. Facendo caso a esa oferta de xuros, a comunidade non seria penalizada de cancelarse antes do prazo estipulado pero a realidade foi ben distinta. Dado que para poder efectualo reparto na conta corrente non había fondos suficientes, o día 6 de xuño, tal é como se pode comprobar abaixo, decidiron cancelala conta, percibindo a comunidade en troques polo xuros xerados a ridícula cantidade de 221.008 Ptas.

Un dato a ter en conta: de facer ben as cousas e haber agardado a que expirase o prazo a comunidade a fin de ano houbera ingresado 3,093.750 Ptas. Pero claro había presa por contentar aos comuneiros, aínda que para ilo desvalixasen á Comunidade.



Tal e como poden comprobar abaixo, no folio 17, o 18 de en decembro de 1994, a comunidade ingresa 900.000 ptas., froito doutra imposición a prazo, neste caso de 15,000.000 que estaban a un 8%. Sen embargo estes mesmos cartos que pasaran a un 8,25%, segundo se pode comprobar no folio 19, en 6 meses, só xeraron 69.863 Ptas.


Censo entregado no banco para efectualo reparto. Se facemos caso a acta do 21 de mao de1994, foi aprobado ese día, aínda que a realidade foi outra, xa que por falta de quórum, non chegamos ao punto da Orden do día onde en teoría debía de debaterse e aprobarse.



Como anécdota sinalar que un dos comuneiros presentes, por un error da secretaria non constaba nel. Polo tanto seria ben raro que o aprobase sen presentar unha queixa formal. Só este dato é proba suficiente para demostrar como se falsificaba todo. Os problema a este comuneiro viñéronlle despois, á hora de cobrar como non constaba, no banco negáronlle os cartos, mais chegoulle con que os reitores lle fixesen esta certificación.



Mentres os caladiños eran premiados, os críticos fomos castigados.

O malo é que ese non foi o único erro cometido. Cometeron tantos que obrigounos a emitir máis certificacións, iso si, cada erro custounos á comunidade a razón de 5.000 Ptas., por sinatura. Non coñezo caso semellante onde a xente cometa tantos erros se lucren e por iba digan que, todo esto repercute en beneficio de la comunidad. Nunha empresa serian despedidos, e nunha comunidade seria obrigados a dimitir e a devolvelo diñeiro.


Se o 12 de maio entregaron o censo de comuneiros no banco a que veu cobrar despois por esta certificación? Por interese propio non lles interesou asinalo cando o entregaron?


Novo erro, en teoría dous, que lle repercutiron á culpable (secretaria) 10.000 Ptas.


Polo contrario para evitar que o sector crítico exercésemos os nosos dereitos obrigáronos a pagar por cada copia dunha acta 5.000 Ptas., cando a súa obrigación era expolas publicamente e caso de non facelo, entregalas gratis. Non foi de recibo que mentres ese comuneiros por embolsarse 230.000 Ptas., lles saíse gratis? e nós, por catro folios se nos roubase? 5.000 Ptas.


No meu caso paguei 10.000 Ptas., por dúas actas. O grave é que para xustificarse ante xuíza non dubidaron e cometer perxurio ao declarar que estes cobros foran aprobados nunha asemblea. Se así fora, non terían que cobrarlle tamén  eses comuneiros por emitirlle os certificados? O malo é que xuíza nin se molestou en solicitarlles a acta onde presuntamente se tomara ese acordo.


Tal como poden comprobar no listado entregado no banco para efectualos pagos, tiñamos dereito a cobrar 255 comuneiro. Dado que eu aínda non cobrei, xa que, que o único acordo que considero valido é o que se aprobou o 26 de marzo de 1995: Facelos panteóns. De cobrar estaríalle dando valides a esta ilegalidade manifesta. O malo é que esa esa xunta reitora, no acatou o cordo, nin deixou que a seguinte o fixese, polo que a día de hoxe atópome sen panteón.

Mentres tódolos comuneiros que indirectamente ou directamente prexudicaron á comunidade, os meus cartos séguenlle reportando intereses á comunidade.

No caso da señora Josefa (Q.E.P.D) negáronllos ao fillo por estar emigrado. Polo tanto salvo esa certificación do 17 de xuño, deberían haber cobrado 254 comuneiros, mais o certo é que pagáronlle a maiores a outros 2 que tampouco estaban censados, mentres outros na súa posición non tiveron esa sorte. Nesta última certificación seguramente estea a clave desa dobre vara de medir contravindo o informe do seu asesor e avogado.

No hay comentarios: