miércoles, 27 de marzo de 2013

Ou estase co pobo ou estase co partido!!!

Marco que delimita o monte común das propiedades de Os Balados cruzadas ilegalmente no seu día por Medio Rural


As Comparacións son odiosas pero se cacicada e roubo é o que se comete contra os afectados polas preferentes, o mesmo pode considerarse o que lle fixo no seu día a Consellería do Medio Rural a meu pai, salvo que algúns ou algunha pensen que ten que haber cidadáns de primeira e de segunda. Por iso seguindo o fío da anterior entrada aproveito esta nova intervención noutro Pleno dos excompañeiros do BNG, para que se vexa claramente a súa dobre faciana. Como non podía ser doutro xeito, agora toman partido pola xente afectada polas preferentes, cando no seu día, como levo denunciado por activa e por pasiva, fixeron todo o contrario contra este exmilitante, que só reclamaba da Consellería unha explicación que nunca chegou, aínda que o peor de todo foi que tomasen partido e preferisen pórse de lado dos que cometeron tamaña ilegalidade.

Hoxe paso de recollelas súas verbas, limitándome pola súa importancia a recollela intervención dun dos afectados, na que da resposta ao señor alcalde (m08:15), que cáeme como anel ao dedo para apostilar o que pretendo dicir: ...De palabras xa estamos bastantes cansos.... (...) ... E de reunións bastante saturados (...) ... Nós o que queremos son os nosos cartos... (...)... Non se pode ciar e vogar ao mesmo tempo!!! Ou estase co pobo ou estase co partido!!!

Obviamente como ben digo, no seu día os excompañeiros preferiron estar tamén co partido. Total o ultraxado e desposuído, neste caso da súa propiedade só era o pai dun pobre militante... e por riba, díscolo. Agora como os afectados son moitos máis e a culpa é doutro partido, xa sa sabe aquilo de..., a río revolto ganancia de pescadores!!!

Magoa que tardase tantos anos en darme conta que, os partidos políticos e algúns dos seus militantes van ao seu, e que mentres non lles leves a contraria, todo é unha balsa de aceite.

No hay comentarios: