lunes, 3 de diciembre de 2012

Respectar unha propiedade non é unha chapuza


Até na China, onde a Democracia brilla pola súa ausencia, o mundo foi testemuña de como unha parella de anciáns foron quen de interporse na construción dunha autoestrada nese país emerxente. E logo aquí algúns teñen os santos güevos e ovarios de acusarme de criticar esta expropiacion-ilegal, porque claro, a propiedade non era súa, nin de seu pai.
La Voz de Galicia: A expropiación que quedou en rotonda

China tennos adoitados desde tempos inmemoriais a facer proezas por todo o grande. A muralla máis longa, a maior canle artificial, a liña de tren de alta velocidade con máis quilómetros, a ponte colgante máis alto e longo, a construción do edificio máis alto en só 90 días. Agora parece querer eclipsar tamén a todos eses galegos que, paciente e creativamente, dedicaron grandes esforzos a crear con mestría chapuzas dignas de admiración.

En Wenling , o Goberno chinés propiciou unha chapuza por todo o grande cando se propuña a construír unha avenida ata a estación de tren da cidade. As autoridades non tiveron problemas para negociar coa maioría dos propietarios dos edificios da zona, pero un, Luo Baogen, fíxose o duro. Nada convencido pola compensación, moi inferior ao prezo que pagara en 2001 pola adquisición do inmoble, o dono da vivenda de cinco pisos esixiu que se respectase o seu edificio. E conseguiuno.

Incapaz de derrubar o edificio, o Goberno chinés seguiu adiante coa construción da avenida, convertendo o fogar de Luo Baogen e a súa dona nunha rotonda habitable no medio dun río de asfalto con catro carrís en cada sentido.

O caso, aínda que dos máis mediáticos, non é novo. A proba é que en China teñen incluso un nome para as vivendas que os seus propietarios se negan a abandonar: «casas cravo» («dingzihu» en chinés).

De momento, a vivenda de Luo Baogen seguirá aí cravada ata que as autoridades acepten unha compensación económica maior, que lles permita polo menos reconstruír a casa noutro lugar.
La Voz de Galicia: A gran chapuza chinesa, demolida


Xa ven, os anciáns por fin aceptaron a compensación do Estado, mentres aquí a Xunta do bipartito, non só cometeu unha grave ilegalidade, se non que se aforrou uns cartos, que seguramente e baixo o meu punto de vista, presuntamente malversaron noutras chapuzas. Porque esta pista si que foi unha autentica chapuza, co agravante de ser cometido nun país presuntamente democrático.

No hay comentarios: