jueves, 6 de diciembre de 2012

Onde van os cinco anos?

Os políticos cando se poñen a sacar leis non hai quen lles gañe, outra cousa é que logo se apliquen o conto. Tralo desastre acontecido no verán do 2006, non sei se foi un intento de facerlle competencia a George W. Bush, que a golpe de Decreto decidiron que o mellor era eliminar a a carón das casas todo tipo de masa arbórea.

Ben. O máis curioso é que Xunta e Concello son propietarios de dúas zonas na Aguieira (arriba á esquerda) e dáme que non gardan as distancias que obriga o citado Decreto. Logo noutras zonas podemos atopar monte comunal ou privado que tampouco se adaptou á norma. Iso en Nebra, mais en outros pobos ídem.

Obviamente xa comentei no seu día que non me gustaba a medida, opinando que o  mellor seria obrigar aos donos (Xunta, Concellos, Comunidades e propietarios privados) a manter limpa de maleza unha franxa de seguridade a carón das casas ou aldeas.
La Voz de Galicia: A Xunta obriga a separar as casas 50 metros dos eucaliptos

Dende este verano, rexen en Galicia novas normas para protexer as zonas habitadas dos incendios forestais. Entre outras novidades, o decreto publicado pola Consellería de Medio Rural prohibe plantar eucaliptos en terras de cultivo. Ademais, obriga aos donos das casas a carón dos montes a manter unha distancia de seguridade da zona arborada. Así, todas as vivendas ou construcións non poden estar a menos de 50 metros dos eucaliptos e a 25 metros das outras especies arbóreas. Os propietarios afectados dispoñen de cinco anos para adaptarse a estas normas de seguridade.

Estas cuestións e outras máis recollidas no decreto para a prevención de incendios forestais serán explicadas nos próximos días por técnicos especializados da consellería. As citas desenvolveranse nos concellos de Cerdido, Cedeira e Moeche, nunha das zonas con máis masa forestal de Galicia e, por tanto, con moitos veciños afectados polas novas normas da Xunta.

Segundo informou a oficina agraria de Cedeira, que animou á xente a asistir, as charlas informativas celebraranse no consistorio de Moeche o día 11. O martes 12, a cita será na escola do Castro de Cerdido, e o xoves 14, no auditorio municipal de Cedeira. A hora das conferencias será as sete da tarde nos tres casos.

No hay comentarios: