Hoxe tivo lugar no local social a reunión para tratar a posibilidade de conexión a rede de sumidoiros. Estivo presidida polo señor alcalde, que estivo acompañado por parte do seu equipo de goberno. A ela acudimos máis ou menos uns 60 veciños e veciñas.
Explicóusenos que a intención do Concello e instalar unha tubaria da liña principal, dende os pasais de Orseño, onde remata a liña que baixa da Igrexa e Cornido, e conectala coa instalada na ponte de Quintáns, que aboca ao pozo de bombeo en Salagoa. Deste modo, as aldeas de A Igrexa, Cornido, Orseño, Quintáns, etc, poderíamos conectarnos nun prazo razoablemente corto. Os veciños da aldea da Aguieira, tamén poderán solicitalo enganche, xa que a liña principal desa zona xa esta interconectada co pozo ou mesmo poderíanse conectar coa liña que evacúa á depuradora de Loreto.
Houbo diversas intervencións onde se pedía que non fose a eterna promesa feita por outros gobernos, que mesmo previran que no 2002 a parroquia xa disporía do saneamento integral. Tamén se preguntou que pasaría co resto de aldeas, como por exemplo Resúa. Contestouse que a idea do Concello nun principio é conectar esas, e logo colocalas novas liñas principais. En definitiva, que non tería senso facer liñas novas, sen antes por en marcha as que xa hai, que se non, sería outra vez a comezala casa polo tellado.
-Isto foi o que pasou até agora-.
Tamén se dixo que de momento non é obrigatorio conectarse, pero en canto a liña entre en servizo, Augas de Galicia non vai facela vista gorda como fai até agora, se comproba que algún veciño dese entorno verte a regatos ou ríos. Quen queiran solicitala conexión deberá pasar polo Concello para asinala petición. Dependendo das conexións solicitadas, o prezo poder variar. Todo incluído, conexión, taxas, etc, pode rondalos 240 €, máis ou menos.
Houbo moita información adicional, como que en Miñortos van facer un pozo xunto á que foi a discoteca Chilangos, xa que o que hai en Punta Cabalo non serve para bombear cara á depuradora, ou que na zona de Beneso, Eiravedra, etc, xa comezaron fai unhas semanas as obras para que os veciños se poidan conectar xa.
Tamén prevén nestes días por en marcha as depuradoras de Baroña e Queiruga, e ver as posibilidades da que hai feita fai anos en Caamaño, pero que nunca se puxo en marcha, polo que non saben se coas novas normas será viable ou non.
Algunha xente tamén se interesou polo abastecemento de auga. O señor alcalde explicou que está estudando co Concello de Ribeira de obter unha compensación polo aproveitamento que fan do río Sieira e poder abastecernos do depositado que Ribeira ten na Curota, xa que ademais pola cota de altura, esa auga podería chegar sen bombear a Sampedro, Xuño, Camaño, Queiruga e incluso a parte de Baroña.
As últimas preguntas, opinións ou queixas foron máis políticas que outra cousa e partiron do veciño da Aguieira, Santiago Suárez, ao mesmo tempo presidente da comunidade de montes, e como todos sabemos, militante e portavoz local do BNG. Analizando ás súas intervencións, entendese que actuou máis en calidade deste último cargo. De primeiro expuxo que non lle parecía razoable que a cinco días das eleccións se fixese a reunión. Respondeulle Manel, o edil de AVS, que alí estaban como equipo de goberno, non dando un mitin, e que o seu partido non se presentaba ás eleccións.
A pregunta foi con que partida económica contaban o Concello para poder levar a cabo estas obras. Dixéronlle que con un remanente de tesoureira, e que xa estaban elaborando os próximos presupostos, no que se habilitaría unha partida, ademais de buscar financiamento en Augas de Galicia e na Deputación.
En política para tirala pedra e agochala man, hai que estar ben seguros de que a mala memoria non nos traizoe. Esqueceuse este señor, que nas pasadas eleccións municipais, a súa compañeira de partido e responsable de obras, a catro días de estar chamados ás urnas, púxose a asfaltar esta e outras pistas en Nebra, que dei en titular: obras con anzol.

No hay comentarios:
Publicar un comentario