domingo, 22 de julio de 2012

Segue o silencio informativo

José Manuel Rodríguez, José Enrique Méndez, Asier Urdangaray,
José Urdangaray e Alfredo García, durante a sinatura.
O catro de xuño a raíz do debate xerado na asemblea celebrada o 13 de maio, sobre a idoneidade de que a comunidade se puidese dedicar á cría de porco celta, aquí fixérame eco desta noticia: "O Barco porá en marcha una granxa para producir porco celta".

Mentres alí parece que todo marcha sobre os plans previstos, aquí seguimos agardando coñecer que pasos se deron dende entón, se é que deron algúns e non pasa coma o conto do compost co toxo, que ao final todo quedou nun estéril debate en dúas asembleas.

Ben, en realidade a falta de información agora é algo demasiado habitual, mais xa o deixou ben claro o presidente: "non se poden facer asembleas xerais tódolos días". Por descontado que xamais lle escoitei a ningún comuneiro ou comuneira facer esa petición, pero que tiña que facer algunha máis ao ano, si. Dende os tempos convulsos dunha querela criminal e a conseguinte paralice xudicial, é a primeira vez que nos acontece isto. Por Deus, se un partido asembleario neste corto tempo leva celebrado máis asembleas que nós.
La Región: O Inorde axuda á cría de porco celta en Éntoma

Nove exemplares de porco celta chegarán nas próximas semanas a Éntoma (O Barco), cedidos polo Instituto Ourensán de Desenvolvemento (Inorde). Tres directivos da asociación "San Fiz" -José Enrique Méndez, Asier Urdangaray e José Urdangaray- asinaron onte o convenio de colaboración co xerente do organismo, José Manuel Rodríguez, nun acto no que tamén estivo presente o rexedor barquense, Alfredo García.

Ademais de ceder os animais, o Inorde asesorará ao colectivo veciñal, con miras a promover unha empresa de chacinería, pechando así un ciclo que comezou coa cría, segundo dixo o xerente do Inorde.

Á súa vez, os veciños comprométense a integrarse na Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel) e a devolver nove animais despois de cinco anos, "co fin de que ou Inorde dispoña de animais desa liña de porco celta", segundo reza o contrato co Inorde.

O obxectivo prioritario do proxecto é crear emprego, pero tamén manter limpo o monte, reducindo o risco de incendios.
Exemplares de porco celta nunha explotación en Manzaneda.

No hay comentarios: