sábado, 4 de agosto de 2012

Nin tan demos, nin tan santos


O último día de xullo asistimos nalgúns medios a duros enfrontamentos entre comuneiros e gandeiros do Val Miñor, á conta do tan traído e manexado microchip nos cabalos.

Días antes xa entrara nesta polémica o presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes, publicando un artigo en Terra e Tempo cargando tintas non só como se podería agardar contra os gandeiros, se non que mesturaba aos escindidos do BNG. Dado que sobre isto teño algo que dicir, fareino en entrada á parte no outro blogue.

Aínda recoñecendo que as comunidades de Pontevedra están a anos luz de moitas de A Coruña, no tocante á súa xestión deberían ser idénticas, non? Isto é parte do que dixo o presidente da Mancomunidade de Montes do Val Miñor, con respecto a cesión dos montes comunais aos gandeiros..., avoga porque a actividade se realice "de forma ordenada e cos animais saneados, identificados e autorizados polas comunidades de montes".

Vaia, si, autorizados polas comunidades de montes, non só por un directivo como se fixo aquí, cedendo os nosos peches e pasteiros non só a gandeiros-comuneiros, se non a xente allea á comunidade, sen pasar pola asemblea xeral. Isto é o que me leva a conclusión de que nin todos os gandeiros son tan demos, nin todos os directivos son tan santos.
SOSgroba

Aínda hai xente que non se entera do problema real, e mestura churras con merinas pero botando lixo contra todo o que se move e non se controla directamente.

Que tristeza que o noso patrimonio esté en mans de xente que no sae do dous máis dous.

Cando todos estamos a pedir consenso, reflexión e diálogo, sae este home atacando e ignorando todo o que se move ao redor do mundo dos cabalos, cheo de prexuicios e rancores do pasado.

!Por favor¡ Máis sentidiño e moito diálogo, e informarse ben antes de botar a lingua a pacer.

Faro de Vigo: Os comuneiros reprochan aos donos de cabalos salvaxes a súa negativa ao microchip

Para o presidente da Mancomunidade de Montes do Val Miñor, Latino Rodríguez, a negativa dos propietarios de cabalos salvaxes da comarca a colocar un identificador electrónico ás reses é unha "escusa" para "manter o seu gando en terras que non lles pertence sen ningunha lei que lles obrigue a facerse responsables dos danos que os animais poidan producir".

Rodríguez, que defende a presenza de cabalos en liberdade como "un aproveitamento interesante para os montes" e unha "boa ferramenta para loitar contra os incendios forestais", avoga porque a actividade se realice "de forma ordenada e cos animais saneados, identificados e autorizados polas comunidades de montes", apunta.

O presidente dos comuneiros aclara neste sentido que os montes veciñais non están en mans "nin de intereses económicos, nin de intereses especulativos, nin dos intereses da Agrupación de Gandeiros da Groba", senón "dos veciños comuneiros, a quen corresponde a súa xestión". O rexeitamento frontal dos gandeiros -mesmo despois de que o PP propuxese á Xunta unha subvención do microchip cuxo prezo (40 euros) foi un dos principais argumentos para a súa oposición ao sistema- "deixa clara" a súa falta de responsabilidade, segundo Rodríguez.

O representante dos comuneiros tamén dirixe as súas críticas á Xunta, que no seu decreto equino impón un "imposible" aos Concellos, que están obrigados a retirar o gando que non estea adecuadamente identificado e saneado.

No hay comentarios: