jueves, 14 de junio de 2012

As próximas entradas iran por este camiño

Dun tempo a esta parte ao igual que acontece nesta noticia que comparto hoxe, aquí tamén é a xunta reitora que propón facer cousas ou cesións, e os comuneiros, os que as aprobamos ou rexeitamos, verdade?

Así é como funcionan as comunidades democráticas, onde non, como na nosa, faise e desfaise segundo o antollo do seu máximo responsable. Tanto é que agora, practicamente xa non se conta nin cos vogais.

No digo eu, dío a vixente Lei de Montes, a xunta reitora tense que xuntar obrigatoriamente cada dous meses. Pregunten ao seu vogal cantas reunións levan feitas por exemplo este ano. A resposta ten que ser tres (3). E se lle preguntan por toda lexislatura, dezaoito (18). Logo para ollar que non esaxero, pidan copias das súas actas para saber o que debateron e aprobaron. Lembren que é un dereito que temos e que están obrigados a entregarllas en quince (15) días. Igual se sorprenden.

Sinto ser tan claro, pero a mesa dunha moa de hórreo non é a mellor zona para xestionar unha comunidade... para beber si pode ser boa elección.

A xunta de montes de Meira cederá os terreos necesarios para que o Concello de Moaña constrúa un parque infantil no barrio da Guía e o novo acceso que demandan os veciños desde fai anos. A proposta é da directiva da xunta de montes que terá que ser ratificada polos comuneiros na asemblea convocada para o día 25 deste mes, ás cinco da tarde. A cesión quedará condicionada aos fins citados.

A nova conexión desde a estrada PO-551 co barrio e a canteira de O Cocho solucionará un importante problema de seguridade. O viario nacerá nunha rotonda e conectará coa actual estrada de baixada á Guía a uns cincuenta metros do actual cruzamento. Nesta zona, debaixo da caseta da auga, construirase o parque infantil nunha parcela de algo máis de mil metros.

O alcalde moañés asegura que as obras do parque e a nova estrada comezarán de inmediato, unha vez formalizada a cesión.

O proxecto de abrir un novo acceso á Guía na zona de Pedaboa ven de antigo. Poderase materializar agora tras a decisión do xurado provincial de montes de clasificar o terreo como comunal e da xunta de realizar a cesión.

Fonte: La Voz de Galicia

No hay comentarios: