Amosando publicacións coa etiqueta Punto limpo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Punto limpo. Amosar todas as publicacións

xoves, 8 de decembro de 2016

Noxo de xente sen escrúpulos

Tal e como me anticipei nesta entrada, estaba convencido que o Punto Limpo non ía ser a panacea que rematase con imaxes tan vergoñentas como estas no Concello e na nosa parroquia a pesar de ceder parte do noso monte a perpetuidade tal é como consta nalgunha documentación que ollei (algo ilegal xa que a Lei de Montes en casos coma este marca de prazo 30 anos, e que de confirmarse alguén terá que dar explicacións).

Mis o que menos me imaxinaba era que a 100 metros del fosen tirar todo o que se ve na foto de arriba e a partir de aí todo ese escombro nalgún caso moi contaminante.

sábado, 26 de setembro de 2015

Bravo impostor agora a culpa toda é de José Manuel

Parece mentira que sendo profesor de Instituto, non saiba contar e interpretalos estatutos. Que parte será a que non entende nos prazos da conovocatoría?: «se hara con un mínimo de diez días de antelación (...) y exponiéndose en el tablón de anuncios del Ayuntamiento». Segundo a data reflectida na convocatoria esta imprimiuse o día 17, polo tanto si cumpriría ese requisito, mais dáse a casualidade que fomos moitos os que non a recibimos nese día, eu en concreto recibina o 21, o mesmo día que como se pode ver foi rexistrada e exposta no Concello.

Se se fixese como antes, cruñala, fotocopiala e repartilas comprobaríase sen lugar a dúbidas, que unha vez máis incumpriu os prazos marcados e iso que aos vogais prometeralles celebrar esta Asemblea o pasado 23 de agosto, despois do que algúns consideran que foi a «presunta estafa» exaltación do porco.

Tema aparte son as responsabilidades que lle atribúe a José Manuel «o secretario» cando nos mesmos estatutos está ben definido, que cargos son representativos na Comunidade fronte a terceiros e que papel simple xoga o secretario.

É certo que, como menciona cando se convocaron eleccións non houbo quórum, mais iso non foi impedimento para que nos embarcase na «aventura» dos porcos, porque nesa Asemblea tampouco o había tal e como critiquei e denunciei aquí.

E se nos remontamos a cando o secretario era eu, non se cortou un un pelo en mareala perdiz, porque el tamén estaba en contra dos Bancos da Igrexa. Punto que repetiu até en 3 asembleas consecutivas no mesmo ano, tendo que claudicar ao final. Ou cando por intereses políticos fixo o mesmo coa cesión do Punto Limpo.



xoves, 4 de abril de 2013

Punto limpo: Cumpríronse tódolos acordos?



O 23 de febreiro por fin foi inaugurado o tan demandado Punto limpo de Porto do Son. O máis destacable da noticia é que acudiron membros da corporación sonense, oposición incluída, ademais do presidente da comunidade, en parte culpable de que esta obra tan necesaria sufrise un serio atraso, tal é como fun debullando neste blogue. Outra causa foi que a empresa encargada de levalo a cabo veuse na obriga de renunciar á súa construción.

Esta inauguración motivou este pequeno debate en Twitter

Certo ‏@Certo 22 Feb
Porto do Son: tes moito lixo na casa que non cabe na bolsa? Abre o punto limpo este sábado 23! pic.twitter.com/uOnU1yVcnZ

BREOGAHN ‏@BREOGAHN 22 Feb
@Certo E coma sempre, ás parroquias que lles den... :/

Modesto Modesto ‏@Modesto 22 Feb
@BREOGAHN @Certo Pois estar, está en Nebra.

BREOGAHN ‏@BREOGAHN 22 Feb
@Modesto @Certo AH, CLARO, PRIMEIRO OS ATRAVESADOS, COMO TEÑEN ENCHUFE...! MOI BONITO, SI SEÑOR!

Certo ‏@Certo 22 Feb
@BREOGAHN @Modesto Cala, que, como non teñen casa de cultura inda, algún pode pensar que é o punto limpo! cc// @pacodomartelo

BREOGAHN ‏@BREOGAHN 22 Feb
@Certo @Modesto @pacodomartelo LOL!

Francisco Calo ‏@pacodomartelo 24 Feb
@Certo @BREOGAHN @Modesto Terei que mergullarme de novo neste tema... igual se incumpriu unha parte do contrato... a primeira foi de risa.

Síntome obrigado de explicalo meu Chio. Tal e como poden ollar na última ligazón, as contraprestacións para poder levar acabo esta cesión fóronlle solicitadas ao por aquel entón, alcalde, Manuel Tomé. Polo visto foi unha unha comisión de comuneiros os que así o decidiron. Dado que as actas non se publican e como non estiven na asemblea onde se decidiu todo isto, teño que dar por boa a información que me proporcionou o propio Tomé, que durante o seu mandato fíxose cargo das tres primeiras peticións.

  • A construción dun parque infantil: Petición para min inaudita xa que a maioría de parroquias depoñen dun, se ter que facer este esforzo.
  • Poñer en valor unha zona do río en Cornido: Un espazo público... do Concello.
  • Acondicionalas pasarelas na Aguieira: Isto xa foi un esperpento e non alcanzo a comprender de quen partiu a idea, ou si? Esas pasarelas pertencen a Costas, e en vista doutras actuacións do Concello, xa de por si estaba obrigado a acondicionalas.
  • Se legalmente fose posible, que un empregado do futuro Punto Limpo, fose un veciño, veciña de Nebra: A día de hoxe descoñezo se algún comuneiro ou comuneira traballa en ditas instalacións. E de facelo, como se levou a cabo a selección.

8 de xuño de 2008: QUE VERGOÑA!!!

9 de xuño de 2008: Isto xa clama ao ceo

26 de novembro de 2009: Politizando a comunidade... de novo

mércores, 17 de outubro de 2012

Punto Limpo: só falta cortala finta


A pesares dos atrancos que tivo esta importante infraestrutura para o noso Concello, primeiro da man do presidente da comunidade, atrasando a cesión deste espazo ao Concello, e logo, que a primeira empresa á que se lle adxudicou, quizais por culpa da crise, tivo que renunciar á súa construción, lémbrome deste poema de Antonio Machado.
Caminante no hay camino

Caminante, son tus huellas
el camino y nada más;
Caminante, no hay camino,
se hace camino al andar.
Al andar se hace el camino,
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.
Caminante no hay camino
sino estelas en la mar.
O que é a obra do Punto Limpo xa está totalmente rematada, agora debe faltar a acometida da luz, supoño que a da auga, e asfaltar o tramo dende a estrada AC-550, que está as costas da primeira foto de abaixo e cortar, como digo, a finta.

O día da homenaxe aos mártires, queixábase unha veciña de que o Concello levaba toda merda para Cans. Algo de razón tiña, pero non toda, porque mencionaba a canteira, e iso fora cousa da comunidade a principios do 80, mais si tiña razón en canto a que antes, na mesma zona, o Concello vertera alí os residuos urbanos cando se viu obrigado a abandonar a zona do faro de Cabeiro, porque dende alí ían directamente ao mar.

E por último referiuse a este punto, pero como dixo onte o alcalde na reunión para conectarse á rede de sumidoiros, este espazo en principio non ten porque contaminar, xa que os residuos serán clasificados no mínimo tempo posible e depositados no contedor correspondente, e en canto estean cheos, saír cara ao seu destino final. Os que poderían xerar cheiros serían os orgánicos e estes xa van directamente para a planta de Servia.





Ademais da consecución de esta obra, estou contento por outra cousa, despois de máis 30 anos, por fin se dotou á canteira dun peche de seguridade, algo que demandei cando estiven de secretario da comunidade, e que por incompetencia manifesta do máximo responsable da comunidade, a empresa que se comprometeu a facelo, marchou sen cumprilo contrato. Por sorte para a comunidade e para os comuneiros, non pasou nada do que nos tivésemos que arrepentir, xa que era un espazo no que algúns facían escaladas.


mércores, 3 de outubro de 2012

Con algo de atraso, pero benvido sexa

O atraso non só me refiro á data de finalización que reflicte o cartel, se non que, se algúns non lle puxeran trancas no camiño, xa poderíamos desfrutar desta infraestrutura tan precisa e demandada, como mínimo fai 3 anos.

Agora só agardar que unha vez posto en marcha nos volvamos un pouco máis cívicos, e respectemos algo máis a natureza. Descoñezo se por levar o material alí se nos vai cobrar algún tipo de cota, pero pensando xa na carga impositiva que temos, que non sexa moi gravosa, porque se non a xente igual segue coa súa practica delitiva.
La Voz de Galicia: As obras no punto limpo de Porto do Son concluirán a próxima semana

Segundo as previsións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, as obras de construción do punto limpo de Porto do Son enfilan a recta final e, se non se producen contratempos, concluirán a próxima semana. Así mesmo, fontes da Administración autonómica sinalaron que se alcanzou un acordo co Concello para acometer o acondicionamento dos accesos ás novas instalacións.

A consellería asumirá a adecuación das inmediacións do punto limpo e a entrada ao recinto, mentres que o Concello sonense farase cargo da reparación de antiga estrada de Cans.

As instalacións, creadas no marco do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos, contaron cun investimento de preto de 300.000 euros.

mércores, 22 de agosto de 2012

Punto Limpo


Pouco a pouco o tan demandado Punto Limpo de Porto do Son comeza a coller forma, aínda que moito me temo que isto non vai ser a panacea contra os vertidos ilegais, sobre todo refugallos de obras, que é o que máis atopo polo monte e tamén, ollando páxinas de amigos por este medio, onde xa fai anos que desfrutan destes puntos.


Supoño que unha vez inaugurado e posto en marcha haberá unha maior vixilancia e control dos vertidos, pero como acontece con todos aqueles que pretenden delinquir, sempre van aproveitar para facelo ás horas máis intempestivas.

A carón dos contedores de Quintáns, outrora unha zona moi perigosa por todo o que aquí se depositaba, fai tempo que respiramos aliviados, en parte porque até fai uns días foi usado como deposito de area pola empresa que reparou a estrada AC-550, e porque a empresa que xestiona a recollida fai tempo que cumpre co seu cometido.

Isto foi depositado tal e como se esixe nas normas de conduta cívica a pasada noite, e pouco tempo despois de tomalas fotos, a citada empresa, como cada terceiro martes do mes, procedeu á súa retirada, tal é como é a súa obriga.


Os problemas agora parece que se dirixen a outros puntos.
La Voz de Galicia: O executivo sonense vese impotente para frear as verteduras incontroladas

Restos de refugallos de obras, tella de uralita altamente contaminante tirados na canteira propiedade da comunidade de montes.


Máis refugallos, neste caso tirados nunha propiedade privada. Descoñezo se foi o seu propietario e aínda séndoo, se isto se pode facer a carón do río de Queiro.