Amosando publicacións coa etiqueta Eleccións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Eleccións. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de novembro de 2015

Nas Asembleas Ordinarias non se convocan eleccións

Á vista de este recado que me deixaron neste blogue local voulle dala replica aquí, a esa señora ou señor e tamén poño en dúbida que estea traballando en Canarias e auguraría que é tanto de Nebra coma min. Por que penso isto? Paso a explicalo:
Anónimo18/11/15 10:07 - 4: Son unha cidadá de Porto do Son que boto case todo o ano traballando nas Canarias, non sendo neste mes que veño de vacacións. Algo que me sorprende, e moito, son o tipo de críticas que hai neste blog : case todas contra o BNG. Pregúntome si estarei equivocada, pero no Concello "goberna " o PP, na Xunta "manda" o PP, no Goberno Central "cociña" o PP e o malo é o BNG... raro, raro.... Aquí non saen críticas máis que en momentos moi puntuais ó PP. Houbo unha subida de sueldos, de sueldazos, e aí está tapada, o de Protección Civil non ten nome ( un sindicato xa presentou un escrito no Rexistro do Concello ), a uga da traída non está tratada como marca a LEI (xa veremos o día que pase algo de quen é a culpa), tampouco se di nada dos viaxiños en coche (da Comunidade de Montes de Nebra) do fillo de Paco, o malo segue sendo o anterior Presidente desa Comunidade. O da concentración polo salvaxe atentado en París non ten nome (o Concello convoca concentración vía Facebook e nin siquera se toma a molestia de sacar unha nota de prensa ou un coche con megafonía para convocala), para qué seguir?, se a culpa é do BNG... raro, raro...
Eu si que estiven emigrado e por ese motivo non coñecía a boa parte dos rapaces e rapazas de Nebra da idade dos meus fillos, polo que me estraña que esta suposta sonense e tamén emigrante me puidese coñecer, porque aínda hai moita xente no Son que non me coñece até que, quen si me coñece lle di quen son, polo tanto menos pode coñecer ao meu fillo.

Vou contar unha anécdota que me pasou fai uns anos. Chegáronme dúas rapazas máis ou menos da idade do meu primoxénito a pedirme para as festas, e tiven que pedirlles desculpas e preguntarlles de quen eran, e resultou que ambas eran de Resúa, omito os seus nomes, pero se algunha me sigue seguro que se lembrará.

Así que sentindo moito non me creo a "súa historia". E no tocante á crítica na miña contra, xa que parece que me lee, por que non dixo onde critiquei a anterior directiva sen argumentos? Cando un dá a cara ten que ser moi coidadoso e pulcro.

O título da entrada, vai con segundas e por iso aproveito a convocatoria de Baroña, para elixir nova xunta reitora ante a dimisión de dous directivos. Como ten que ser, esas eleccións fana nunha asemblea extraordinaria convocada con máis prazo do esixido e aquí convocáronas nunha ordinaria e por "presións" da Consellería ao levar más de dous anos sen celebra unha, e xa con dúas exdirectivas dimitidas, polo que todo o que aprobasen desde a súa dimisión a tódolos efectos seria ilegal.

Houbo 2 festas á conta dos "nosos" porcos e publicamente fun o único que a critiquei e a pesar de diciren que foi un éxito e que volverían a repetila, non foi así, salvo este ano que parece que a organizou unha empresa allea, presuntamente traendo a súa á que lle pagaron "relixiosamente", e cando un veciño preguntou na asemblea «pregunta que non consta na acta», canto ingresara a comunidade pola súa venda, dixéronlle que o único beneficio foi que limparan o monte (sic).

O motivo de que aporte a convocatoria de Xuño, é porque alí van someter a votación a instalación de colmeas, mentres aquí fíxose un novo peche gandeiro dentro do que xa había, sen pasar pola asemblea xeral.

Podía seguir, mais non quero que se me acuse de colgar información privilexiada, xa a publicaran os novos directivos aos que o expresidente xa lles recordou que aínda non están legalmente constituídos, e é verdade, mais esquecéuselle que cando entramos nós, antes de elixir como mínimo a catro vogais, entre os tres, estando eu en Madrid aprobaron abrila pista pola barriga de Iroite, construír un pozo e plantar 120.000 pinos, menos mal que os opositores aos bancos da Igrexa non nos buscaron as cóxegas se non iamos quedar bastante mal parados.

sábado, 26 de setembro de 2015

Bravo impostor agora a culpa toda é de José Manuel

Parece mentira que sendo profesor de Instituto, non saiba contar e interpretalos estatutos. Que parte será a que non entende nos prazos da conovocatoría?: «se hara con un mínimo de diez días de antelación (...) y exponiéndose en el tablón de anuncios del Ayuntamiento». Segundo a data reflectida na convocatoria esta imprimiuse o día 17, polo tanto si cumpriría ese requisito, mais dáse a casualidade que fomos moitos os que non a recibimos nese día, eu en concreto recibina o 21, o mesmo día que como se pode ver foi rexistrada e exposta no Concello.

Se se fixese como antes, cruñala, fotocopiala e repartilas comprobaríase sen lugar a dúbidas, que unha vez máis incumpriu os prazos marcados e iso que aos vogais prometeralles celebrar esta Asemblea o pasado 23 de agosto, despois do que algúns consideran que foi a «presunta estafa» exaltación do porco.

Tema aparte son as responsabilidades que lle atribúe a José Manuel «o secretario» cando nos mesmos estatutos está ben definido, que cargos son representativos na Comunidade fronte a terceiros e que papel simple xoga o secretario.

É certo que, como menciona cando se convocaron eleccións non houbo quórum, mais iso non foi impedimento para que nos embarcase na «aventura» dos porcos, porque nesa Asemblea tampouco o había tal e como critiquei e denunciei aquí.

E se nos remontamos a cando o secretario era eu, non se cortou un un pelo en mareala perdiz, porque el tamén estaba en contra dos Bancos da Igrexa. Punto que repetiu até en 3 asembleas consecutivas no mesmo ano, tendo que claudicar ao final. Ou cando por intereses políticos fixo o mesmo coa cesión do Punto Limpo.