martes, 14 de mayo de 2013

Outros reitores que presuntamente fan o que lle peta

Parece ser que este tipo de actuacións irregulares, abrir pistas sen ser aprobadas pola Asemblea Xeral, non é exclusivo en Nebra, a diferenza con esta expropiación ilegal, en Mos, como afecta a zona de dominio público é o Concello o que toma cartas no asunto. No noso caso non deixarei de criticalo vergoñento feito, aínda que non consiga nada, mais fágoo porque asoballaron os dereitos constitucionais e da propiedade de meu pai, co agravante de que a desfeita foi compartida pola Consellería do Medio Rural, persoal do Distrito IV e o presidente que, coa axuda do seu curmán e Conselleiro, polo seu propio interese agocharon todo.
Faro de Vigo: Mos expedienta a Guizán por construír un camiño sen permiso

O Concello de Mos abriu un expediente sancionador á Comunidade de Montes de Guizán e responsabilizou á directiva da mesma pola construción dun camiño en Sobráns, nunha zona limítrofe co aeroporto de Peinador e afectada o oleoduto de Vigo a Salvaterra.

Segundo consta en ultímaa resolución emitida polo Concello, as obras consistiron no achegar e estendido de terra nunha parcela da Comunidade de Montes. A terra botouse na zona limítrofe co peche das instalacións do aeroporto, creándose un camiño que vai desde Carballo do Monte até Sanderices, ademais estendeuse terra nas zonas lindeiras do camiño, podéndose comprobar que existen zonas arboredos cheos de terra, segundo consta na resolución.

As obras realizadas están valoradas en máis de 16.000 euros e non serían legalizables xa que non está permitido a apertura de novos camiños ou pistas en chan rústico que non estean expresamente recollidos no plan urbanístico ou nos instrumentos de ordenación do territorio. Ademais están prohibidos os movementos de terras que poidan alterar a topografía natural dos terreos rústicos.

O arquitecto municipal cualificou de grave a infracción urbanística no seu informe.

O expediente contra a comunidade xa se abriu en maio de 2012 e en xullo impúxose unha sanción de 6001 euros á propia comunidade de montes. Foi o mes pasado cando a xunta de goberno local acordou incoar a responsabilidade á directiva da comunidade de montes advertindo dunha sanción que pode ir de 6.001 a 60.000 euros.

Os feitos foran denunciados por un comuneiro desconforme coa política seguida pola xunta reitora e que tamén percorreu que a sanción fose imposta á comunidade. A entender deste comuneiro, Javier Fernández Ramallo, non sería xusto que a Comunidade de Montes fose responsable da actuación arbitraría da súa xunta reitora polo que, entende o denunciante, que a nova resolución da xunta de goberno na que se responsabiliza á directiva é adecuada.

A escrito do denunciante pide que se impoña unha sanción de 6.001 euros a cada un dos membros da xunta directiva, e de forma particular ao presidente e responsable da mesma.

No hay comentarios: