domingo, 11 de noviembre de 2018

Se non tivese as probas faría como algúns, ti entre eles, coidaríame de facer certo tipo de acusacións

Dado o tempo transcorrido igual esqueciches en que entrada fixeches este comentario, polo que vou darche as facilidades que non tiven eu no seu día e aclararche algunhas cousas agardando resposta á pregunta que che deixo contra o final  eu xa sei, e ti seguro que tamén, ao igual que o resto dos veciños.

Disme que a acusación que fago, é moi grave, pois non debeu ser tanto cando dado que non a fixen anonimamente os que a cometeron calaron todo este tempo, molestándoche solo a ti, ou é que andabas polo medio? esta é a diferenza entre quen da a cara e quen o fai anonimamente: Cando os prexuízos están no berce e na ignorancia

Neste caso coideime moito en non expor os documentos que obran agora no meu poder, documentos aos que non tiven acceso no seu día. Outros acusaron aos seus antecesores de haber recibido do antigo Banco Bilbao a documentación na que probaban que no seu día roubaran á comunidade 35 millóns de pts.

Documentación que non deixaron no arquivo da Comunidade a pesar de cobrar pola demanda sen haber sentencia que probase ese suposto roubo ou apropiación indebida, sobre 700.700 pts. con xustificantes máis falsos que Xudas. Só a xustiza pode determinar se houbo apropiación indebida ou non. Bota unha ollada ao que dixen eu: porque no seu día un banco a outros «fíxolles as contas por Muros». Dito moi usado polos mariñeiros desta banda da ría.

Un apunte que igual non descoñeces, na acta do 21 de maio de 1994, esa xente fixo constar que 3 comuneiros chamámoslles ladróns, e a bo seguro que foron con ela ao seu avogado que pagamos todos, incluso as súas dietas por saídas, mais debeunos asesorar que fixesen un novo documento da leira que estaba doada a nome de 6, despois de haber pagado por 851.000 pts., mentres todos miraches para outro lado tiven que recuperala para todos cos meus cartos unha vez que saíron da directiva para impedirlles que novamente se defendesen contra min cos cartos de todos, incluídos os meus. Por certo, sabes que non fun o único que demandou a uns directivos, se non que os últimos foron, aínda que se aproveitasen de eles os que teñen os panteóns centrais así como os pegados á horta do cura, que por certo perderon?, mais o mal xa estaba feito.

No tocante ao recollido nesa acta seguramente asesorados polo avogado o día 8 de xuño a doadora veuse na obriga de facer un novo documento tan curioso que o pagamos todos. Iso si que foiche ben raro, porque na miña defensa da comunidade eu non tiven esa oportunidade. Como che queda o corpo? Aínda que podes dicir, cousa que non vas dicir aínda que sexa como anonimamente que todo é unha trouleada miña, porque estou ben seguro que sabes máis do que penso.

No tocante á pregunta confírmalle á xente que segue o blog: como son as portas dos servizos do cemiterio e as fiestras dos reservados dos WC, igual aí tes a resposta de porque se fixo o reparto de .«prisa y corriendo» cando en realidade habían aprobado facer un panteón para cada comuneiro, esa foi a causa para facernos perder ese capital por cancelar a conta na que estaban os cartos a prazo fixo. Cando se retiran os fondos antes de tempo é o que pasa...por iso os bancos nunca perden e por se a caso aí está o Supremo para salvalos!!!

O problema estaba en que non había espazo suficiente para tantos panteóns de aí que coa esmola das 230.000 pts., calaron tódalas bocas. Non hai moito un comuneiro queixábase de que el non o tiña querendo reclamarllo agora á comunidade. «Sic».

Se pinchalas etiquetas terás máis ampla información do que levo escrito neste blog referente a estes temas.


martes, 9 de octubre de 2018

Lembrando aquel 12 de outubro

Presentación dun libro monográfico editado por Sermos Galiza, sobre as revoltas de primeiros do s.XX onde hai un capítulo sobre Nebra. Intervirán Patricia Torrado Queiruga, falando do papel das mulleres nestas revoltas, e Francisco Rodríguez, político e ex-deputado galego, coautor do monográfico.

O venres, ás 5 da tarde no local veciñal. E ás 7 do serán, ofrenda floral na ponte de Cans.

sábado, 8 de septiembre de 2018

Obradoiros Formativos

Para información máis completa pica aquí
 Arrancan os Obradoiros Formativos “Gobernanza Cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais”. O equipo do despacho de avogados de Calixto Escariz impartirá, en colaboración con AGACA, unha formación moi completa sobre os aspectos xurídicos e fiscais máis importantes para comunidades de montes veciñais en man común, comezando o primeiro obradoiro no Concello de Muros (A Coruña) entre os días 10 e 15 de setembro pola tarde. A xornada terá lugar no Local Social da C. M.V. M. C. de Serres (Muros).