viernes, 11 de agosto de 2017

Tíñaas todas: manipulador trapalleiro e mentireiro!

O pasado mes de maios saíron á luz pública unhas denuncias da Unidad Central Operativa (U.C.O.) que vinculan a políticos do PP con amaños de contratos, estando en voga o efectuado contra a presidenta da Comunidade de Madrid: A UCO pide investigar a Cristina Cifuentes por prevaricación e suborno

O Instituto Armado e o xuíz Eloy Velasco investigan á actual presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, por suposta incompatibilidade na adxudicación do contrato da cafetería da Asemblea de Madrid.

Hai uns meses coincidín na carpa do posto de polbo á feira sita en San Lázaro co veciño Humberto, un dos comuneiros que o expresidente cita sibilinamente na acta que adxunto, como construtor e non como comuneiro que era (co fin de restarlle valor ás súas intervencións). Acta redactada incomprensiblemente por el, demos en falar do acontecido aquel 13 de maio de 2007, argumentándome que se ese día os comuneiros "apertasen" un pouco ao expresidente, exvicepresidente e extesoureiro veríanse obrigados a dimitir, polo que podería seguir eu de secretario. O que non sabía nin el nin eu, nin tódolos presentes era que xa tiñan amañado o contrato do local a pesar de que tal é como consta en actas anteriores expuxen publicamente as miñas dúbidas de non efectuarse unha nova poxa ao varialo proxecto na súa integridade.

As miña sospeitas fóronme confirmadas a través dun correo electrónico dirixido á ORGACCMM, mais o expresidente, primeiro ante os vogais e logo ante os comuneiros restoulle validez (curiosamente agora ocupa un "carguiño" na citada organización), conseguindo que algunhas comuneiras me acusasen de paralizar xa no ano 1994 a construción do local por estar en contra daquela Xunta Reitora (PP)e que agora tamén estaba en contra dos meus a pesar de militar no mesmo partido (BNG). Esa é clase de xente que non sabe distinguir a política dun dereito e da que tanto se aproveitan os políticos, sobre todo cando tocan o poder.

Este tipo de barullos foron aproveitados por esa xente para poñer aos comuneiros na miña contra valéndose da incomprensión dos dereitos que como comuneiros asísteos a reclamar información e documentos, que, no meu caso e no de outros por unha simple acta cobróusenos 5.000 Ptas.

Até onde chegan os meus coñecementos para ter dereito a unha subvención hai que solicitala antes de pórse mans á obra, neste caso á vista da foto que achego na cabeceira parece que se fixo todo do revés. Sería porque había presa de cara ás eleccións municipais que se botaban enriba ese ano?

Copia engadida ás 18:29
No ano 1994, a Xunta Reitora que "manexaba" por aquel entón a Comunidade, si que solicitara unha á Deputación, mais nunca fixeron o intento de comezar porque antes preferiron repartir os máis e 50 millóns e ao quedar sen cartos non puideron facer nada esa é a verdade e non que eu paralizara nada, porque non son xuíz nin político e aínda que o expresidente non o reflectise na acta, ese día volvéuseme a botar a culpa de todo. ¿Como se pode acusarme de paralizar algo que nin aquela xente, nin os que nos precederon comezaran?


10 comentarios:

Anónimo dijo...

De compañero pasaste a ser su enemigo público 1, no solo para el, si no, para el BLOQUE. Si te callases seguramente hablarían muy bien de ti como hizo con ese amigo, que en paz descanse. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/ribeira/2017/08/05/monte-comunal-posmarcos-perde-cacho/00031501877910185622287.htm

Arben dijo...

O máis importante é ter a conciencia tranquila e eu téñoa. Algúns non poden dicilo mesmo polas ataduras ás que están sometidos.

Anónimo dijo...

Tamen o coche da comunidad é para servicio da Comunidade de veciños,non para uso personal nin para andar de verbenas,qe os gastos do coche pagamolo os comuneiros.

Anónimo dijo...

Vaya por Dios comenzaste bien tu comentario, pero a a partir de la coma metiste la pezuña solo con la intención de dejar mal al bloguero, porque salvo los vecinos de Nebra y quienes los conozcan saben su vínculo familiar, ya que es a su hijo a quien acusas de hacer un uso irregular del coche de la comunidad, por lo tanto el coche también es de los vecinos de Nebra no de Portosín o el Son, digo esto porque si lo vieses con el coche en las fiestas de esos pueblos tendría lógica tu critica. ¿Consideras que colaborar con la comisión de fiestas, no es hacer un servicio para la comunidad de vecinos? Crítica como esta no la reciben en la comunidad de Baroña que colabora con su comisión como podrás ver en MONTEMUIÑO.
¿Quien pagaba los gastos del coche cuando estaba aparcado en el segundo bar del cruce del Empalme en dirección a Noia o por aquellos años que fueron unos cuantos estabas ciego? Por la hora que salió publicado tu comentario, sino estuviste en la asamblea, supongo ya sabrías lo que pasó. ¿no?

Anónimo dijo...

Anónimo ou anónima, está visto que ti tamén tes algo de mentireiro ou mentireira, pregúntalle á xente que estivo na asemblea, ou agarda á próxima para a lectura da acta que resposta lle deu o ex-presidente o presidente ó respecto sobre o gran negocio dos porcos ¿ou non che interesa saber como os comuneiros pagamos por partida dobre ese gran negocio que nos prometeron no seu día, primeiro cedendo o monte, non se sabe como e logo a festa que fixeron á conta de eles? Coñeces o dito, o que cala outorga? pois deberías coñecelo.

Anónimo dijo...

Valiente cobarde que eludes comentar como esas personas que constan en el documento se rieron y mofaron de la comunidad y en especial el presidente redactando que esa acta no tiene pies ni cabeza a la vista del documento que firmaron en conjunto con el contratista ¿Sabes a día de hoy, el contrato no lo recoge cuánto pagamos los comuneros por el local o eso no te interesa? http://dle.rae.es/srv/fetch?id=9XFyXxY

Anónimo dijo...

Anónimo xuraría que o teu comentario provén de alguén próximo ó o bloque porque ata o día de hoxe cada convocatoria de asemblea levaba implícito que se darían as contas, de ser así aí terías toda a información que reclamas á man e pola contra pides que se fagan publicas á vista de comuneiros e non comuneiros e por riba falo respondendo ao comentario que escribiu o dono do blog o pasado ano, xusto o día que comezaron as festas aquí.

A raíz da túa queixa porque como anónimo non tes dereito a denunciar nada xa que terías que dar a cara dinos aos seguidores de este blog ¿en que asemblea che negaron ou a información que reclamas por aquí?

Anónimo dijo...

Pode que teñas razón e por iso non dea a cara porque seria inmiscuírse onde non os chaman, non vaia a ser que nas próximas eleccións non rasquen bola.

Anónimo dijo...

Largastes a acusación pensando que ó igual que o ex-presidente co tema dos porcos non ían dar a cara e para evitar que che volvesen a dar nas cachas, optastes pola retirada a tempo para evitar levar máis paus. Pouco a pouco a xente de fora xa nos vai coñecendo

Anónimo dijo...

Anónimo dijo... 29 de julio de 2018. Pregúntome se a túa cacería comezou despois de escoitala arenga desde o púlpito contra a xunta reitora ¿ou tamén é un bulo que correu pola parroquia coma co tema das festas da Valvanera?