viernes, 24 de junio de 2016

Pois si, nótase que estamos en campaña

La Voz de Galicia: «O normal é que se pregunte á xente do monte que quere facer co seu chan, pero nunca se fixo»
Poucos comuneiros atrévense a falar con tanta claridade como este madrileño afincado en Nebra. Santiago Suárez ocupa actualmente a presidencia da Mancomunidade de Montes Serra do Barbanza, que aglutina a un bo número de entidades que suman miles de hectáreas de chan. Suárez, onte, ao ser preguntado pola modificación do plan forestal galego aprobada inicialmente opinaba que a casa non pode empezarse polo tellado: «O normal é que se pregunte á xente do monte que quere facer co seu chan, pero nunca se fixo e agora tampouco estase dando esa situación.
Está claro que os redactores de La Voz do Barbanza só se dan unha volta por este blog cando interesa, como foi dunha vez recoller como "queixas de varios comuneiros" un artigo no que, casualmente, cuestionaba a mala xestión que facía o entrevistado no monte de Nebra, que durante máis de dous anos non convocou asembleas para preguntar que facer aos comuneiros, algo totalmente contrario ao que predicou e predica nesta "nota de prensa" (entendo que o periodista Javier Romero, peca de incauto e limítase a transcribir o que lle pasan). Con todo, vese ben que a nota ten fins electorais, claramente influenciada por unha cor política.

Obvian interesadamente recoller na nota, que agora mesmo e recollido nos estatutos da Mancomunidade que el tamén asinou, non pode seguir no cargo de presidente, dende o mesmo momento no que se establece e se presenta a nova directiva de Nebra á Mancomunidade, pasará a ser un simple comuneiro e o seu cargo será substituído polo vicepresidente da entidade.

Sacando outro extracto da nota, di que «a xente do monte ten que ser escoitada», como dixen, pasamos moito tempo sen convocársenos, pero xa nas últimas asembleas as cousas facíanse como el quería e se alguén lle facía unha réplica, acertada ou equivocada, era o mesmo, ao momento saltaba co seu manido "porque o digas ti" e pechábase en banda sen atender a ninguén ou comezaba a súa actuación de xestos de menosprezo (acenos de estar tolo, e outras tantas faltas de respecto).

Moitos preguntáronlle polo tema dos porcos, pero caían en oídos xordos. Tamén, por culpa de non escoitar a un veciño afectado ten agora a Comunidade que afrontar un pago, mínimo, de 1.400€. Iso se nos achandamos á demanda e non facemos coma el.

E aínda falta restituír o terreo onde estiveron os últimos porcos, os cales tampouco nos preguntou aos veciños se podía facer tal explotación, pero ao final tócanos pagar para repoñer o lugar, pois, non semella que as empresas que se aproveitaron da explotación se fagan cargo de nada levando os cartos "quentiños".

No hay comentarios: