jueves, 2 de abril de 2015

E mentres, nós seguimos cos estatutos contraditorios

A Comunidade de Montes de Baroña, que xa celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria, agora ten previsto celebrar unha Extraordinaria para modificalos seus Estatutos, mentres os nosos un artigo contradí ao outro. Cando os tiven na man un mes despois de aprobalos, foi cando me decatei de esa incongruencia e a pesar de solicitala modificación de ese artigo con máis do 20% de sinaturas, non se nos fixo caso.
Nesta Asemblea celebrada o 20 de outubro de 2002, ao igual que agora coas últimas asembleas como non tiñan quórum quixeron emendalo e tal e como reflicte a acta no primeiro punto non houbo quórum, non obstante disque se aprobou a súa modificación.
É onde está o erro? Igual é o que se pode preguntar a xente de fora, xa que a de aquí, non nos quixo entender. Pois en que o artigo 3º ao igual que a Lei tiña que especificar que se podía aprobar con ese quórum, por poñer un exemplo facultar á Xunta Reitora a pedir subvencións e cousas menores, simplemente limitase a dicir como quedaría validamente constituída a Asemblea Xeral, sen especificar que é o que se pode aprobar.

Aí é onde entra en contradición co artigo 6º: La adopción de cualesquiera acuerdos por la Asemblea General, incluida la aprobación de nuevos estatutos y la revocación de los presentes «que non acataron no seu día», requerirá la convocatoria expresa y el voto favorable de la mayoría simple, de los presentes que represente al menos el 50% del censo de comuneros en primera convocatoria y el 30% en segunda.

Nunha comunidade onde o seu presidente teña 2 dedos de fronte, sabe que non pode facer o que lle peta como fai este IMPOSTOR que pasa de nós, dos Estatutos e da Lei, que por riba non é quen de distinguila do Decreto que a aprobou, e que me discutía.
Fai uns días un comuneiro dicíame que o gran erro da Xunta, vista a xente que estivo ao mando da comunidade e como malgastaron a gran riqueza que tiña o noso monte, foi devolvérnolo aos veciños. Discrepei amigablemente con el, matizándolle que no Barbanza temos comunidades exemplares e a de Baroña, a que máis é mellor coñezo é unha de elas, que durante anos sen contar aínda con eólicos mantivo moito tempo unha cuadrilla permanente a traballar, o que pasaba era que non había intereses partidistas, como aconteceu e acontece aquí. Este é o verdadeiro problema de Nebra.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Y después el Bloque critica en el Parlamento esto: http://bng.gal/blog/2015/03/24/jorquera-o-goberno-galego-manten-amordazado-o-parlamento/. A vosotros no os tienen amordazados, simplemente os vacila su gente. ¿Estos son los que quieren gobernar Galicia y el Son?