domingo, 8 de marzo de 2015

Oito de marzo: Día Internacional da Muller

Mulleres heroínas da fábrica de Sirtwoot
Con motivo do Día Internacional da Muller, antes Traballadora, teño dito noutras ocasións que boto de menos que institucionalmente no Son se faga unha homenaxe ás mulleres da "FORESTAL" que á parte de coidar aos fillos, foron traballar ao monte e que grazas ao seu traballo e tamén ao de moitos homes, cando recuperamos os MONTES, durante anos foi unha fonte de ingresos de varios centos de millóns de ptas., para tódalas parroquias.

Ben é certo que unhas máis que outras souberon sacarlle un proveito que repercutiu entre todos e todas, tanto a nivel do Concello como autonómico, porque non hai que esquecer que a Xunta quedouse co 30% deses beneficios.

Tampouco deixa de ser un contrasentido que nesta bisbarra non haxa ningún monumento á súa figura, como gozan noutras zonas quizais con máis sensibilidade e si os haxa para outros gremios, aos que non lles resto méritos.

Oxalá a próxima corporación recollese a luva e lles faga esta homenaxe a esa xente que aínda están entre nós, que despois de mortas de pouco lles vale.

En Nebra non estaría de máis que fósemos os pioneiros dado os millóns que ingresamos por iso confío en que veña unha xunta reitora con moito máis de sentido común, que colla unha pedra a chante na parcela que saíu dos terreos de quen os puxemos para poder levar a cabo a parcelaria, pero que agora é de todos, para que fosen elas ás que a inaugurasen e nos contasen as súas penurias, parte das cale
s coñecín por miña nai (Q.E.P.D), e por moitas veciñas.

No hay comentarios: