martes, 20 de mayo de 2014

Medio Rural e Mar: Permitese de novo a tramitación de permisos para facer queimas

A realización destas tarefas foi suspendida o pasado venres, 16 de maio, debido ás adversas condicións meteorolóxicas

Santiago, 19/05/2014

A Consellería do Medio Rural e do Mar permite desde hoxe volver tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido á diminución das condicións meteorolóxicas de risco de lumes.

A realización de queimas de restos agrícolas e forestais quedou prohibida o pasado venres, 16 de maio, debido ás condicións de temperatura e vento desfavorables para a correcto desenvolvemento deste tipo de prácticas.

Xa que logo, a partir de hoxe poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas de restos agrícolas e forestais a través do teléfono 012, do centro de atención aos cidadáns da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril , de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Deste xeito, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados para facelo poderán cumprir coa esixencia de comunicación previa, así coma solicitar a autorización preceptiva en caso de queima de restos forestais. En todo caso, cómpre lembrar que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

A Policía cerca aos autores dos últimos grandes lumes en Barbanza

Axentes autonómicos e Medio Rural dirixen as súas pescudas cara a tres veciños de Noia, Tállara e Ribeira que actúan sempre co mesmo patrón

No hay comentarios: