martes, 28 de enero de 2014

Por que ante o mesmo caso, aquí o fiscal pasou de min?

Corría o ano 95 cando os directivos que naquela época dirixían a Comunidade, víronse tan apertados polas súas trapalladas que, para eludir responsabilidades, decidiron repartir ilegalmente a cada comuneiro 230.000 Ptas. Foi así como lograron que catro fóranlle como falsas testemuñas, e que sorte tiveron, xa que dous XAMAIS habían acudido a ningunha asemblea onde se dera un Estado de Contas, e declararon todo o contrario e os outros dous dixéronlle tan panchos á xuíza que o presidente tiña a razón (Sic): 1. El testigo que faltare a la verdad en su testimonio en causa judicial, será castigado con las penas de prisión de seis meses a dos años y multa de tres a seis meses.

Afirmo que tiveron moita sorte porque mentres a xuíza non comprobou a lista de asistentes para «pillalos», foi quen de «afirmar» que eu si había estado en aló menos tres asembleas, cando en realidade estaba en Noruega.

Centrándome na noticia, non sei porque nesa Comunidade falsificaron o censo, mais si sei porque o fixeron aquí. Resulta que cando en teoría aprobouse en maio do 94, o comuneiro «R» que estaba nesa Asemblea, segundo a secretaria tamén o aprobou a pesar de que o seu nome non constaba. Ata aí non había pegas, o malo foi que cando tentou cobralos cartos, o banco negoullos ao non estar censado. Foi entón tal e como poden ollar no documento, os 4 directivos deron en falsificalo, e así consta a súa sinatura.

A única diferenza destacable que atopo nesta similitude é que aquí tiñamos un presidente e nesa Comunidade unha presidenta. Abaixo o recibo que dá testemuña do cobro. A todo isto engadir que por cada sinatura cobraban 5 mil Ptas e non foron 1, nin 2, nin tres. Iso si, a dous comuneiros por pedirlles dúas actas, tivemos que pagarlles moi ben máis de 15.000 Ptas.


La Voz de Galicia: Acusan á presidenta dun monte comunal de falsificación

Un bo número de comuneiros de Castro de Escuadro e A Teixeira desfilaron onte polo Penal 2 para testificar no proceso penal aberto por falsidade en documento oficial contra Corona P.S., de 76 anos, e Elías N.G.

Asegurou a fiscal que a presidenta en conivencia co outro acusado alteraron o censo de comuneiros tras a asemblea do 5 de maio de 2009. Esta alteración aparece recollida na documentación remitida á Consellería de Medio Rural. Segundo a acusación pública, o único punto da orde do día da citada asemblea foi a designación dunha nova xunta reitora e non a modificación do censo. 'A certificación enviada -asegurou a fiscal- á consellería non se corresponde coa realidade'. Para iso fixo valer unha acta notarial levantada o día da asemblea na que consta que só había un punto na orde do día. A petición de pena foi de ano e medio de cárcere e multa de 1.080 euros.

No hay comentarios: