jueves, 30 de enero de 2014

O monte pode abranguer outras actividades

Ollando a paralice asemblearia que sufrimos con este presidente, supoño que é moito pedir que a Comunidade se abra a novas propostas, como facer rutas polo monte, para coñecelo noso rico Patrimonio: Dolmens, Petróglifos, Muíños, Pasais, Fervenzas e por suposto legarlle aos máis novos os diversos nomes que atesouran os nosos montes e incluso poder explicarlles nalgúns casos porque teñen ese nome en concreto. Isto non só o descoñece a maioría da xente nova, se non que, incluso algúns maiores.
La Voz de Galicia: Os comuneiros de Cangas de Foz programan moito teatro e música para febreiro

Actuarán compañías de teatro afeccionado da provincia

O colectivo que agrupa aos comuneiros de Cangas de Foz, coa colaboración do grupo de teatro O Batán, deseñou unha variada programación cultural para o mes que está a piques de comezar. O domingo 2 de febreiro actuará no centro social da parroquia o grupo musical Escolma de Meus, cun repertorio coas mellores habaneiras e boleros. O domingo 9, a compañía de teatro Crea de Viveiro representará a obra "O retablo das marabillas", de Miguel de Cervantes. O 16, o grupo Ardora porá en escena a piza "Xustiza de Lei", de Francisco Piñeiro e dirixida por Paz Rodríguez. Finalmente será o grupo de teatro Faro Miño, de Chantada, o que representará óbraa "Operación Voltaren". A entrada é libre e gratuíta para todos os actos, que serán ás 19.00 horas.

No hay comentarios: