miércoles, 6 de marzo de 2013

Quen debería reclamar?

O 17 de xaneiro, deixáronme aquí esta este comentario e pregunta: Ayer leí en La Voz de Galicia que los comuneros de Nebra reclamamos unos terrenos de la base del Iorite. Lo que más me extraña es que la noticia en su interior no se cita a ningún directivo o comunero. Solo dice que la portavoz del Bloque en el Ayuntamiento, fue quien llevó la reclamación al último pleno. ¿Sabes algo al respecto? Me chocó porque no recuerdo ni escuché que se mencionase esta reclamación en ninguna asamblea. ¿Puede la directiva o la comunidad delegar sus funciones en el citado partido?



A pregunta trae "rabo", mais non teño problema en contestala. Pode a directiva ou a comunidade delegar as súas funcións no citado partido? Baixo o meu punto de vista, non. Nin neste nin noutro calquera. O normal seria que o representante legal da comunidade preguntase ao remate do pleno, que é cando podemos intervir os veciños e veciñas.

Tampouco lembro ningunha Asemblea Xeral onde se propuxera dita reclamación, salvo que se debatese nalgunha que non estiven presente. Tamén cabe a posibilidade de que a proposta xurdise nunha reunión da Xunta Reitora.

Cando se publique a acta do Pleno, na web do Concello, poderemos coñecelo desenrolo das intervencións. De momento e a título particular, debo subliñar, que non entendo que o señor alcalde diga: que a disputa xurde «por intereses económicos derivados da instalación de parques eólicos». Se se demostra que eses terreos pertencen á Comunidade de Montes de Nebra, e se puidese instalar un parque eólico que o dubido, por culpa da base do Escuadrón de Vixilancia Aérea nº10 (EVA 10). Non seria mellor que eses posibles beneficios repercutisen na nosa parroquia e polo tanto no Concello?

Vai para tres anos que nesta bitácora persoal fun debullando a miña particular versión sobre o tema, isto non quere dicir que estea en posición da verdade, só que me fixen eco dunha transmisión oral dos nosos maiores. O titular de La Voz de Galicia é ben claro: «La histórica disputa de la estación Decca sigue vigente».

Domingo, 14 de marzo de 2010: O monte é noso

Martes, 16 de marzo de 2010: Camboño fixo os deberes

 Venres, 19 de marzo de 2010: Negocio moi apetecible

O máis rechamante é que esta reclamación acontecese días despois desta entrada: Loitaremos algún día en Nebra polos nosos dereitos? Se existen as casualidades, esta pode ser unha!!!

No hay comentarios: