martes, 5 de febrero de 2013

A política ten estas cousas!!!




Non é a miña intención con esta entrada defendela actuación do equipo de goberno do Concello de Porto do Son, pero analizando estas dúas intervencións dos edís do BNG, , que non con pouco traballo fun quen de elaborar, se o Concello Son asume obras e gastos que non son da súa competencia, para o eles, é un despilfarro. Eu tamén o entendo así. Agora si que non sei se eles serán que de entenderme o que vou dicir despois das súas intervencións reflectidas aquí e recollidas textualmente do vídeo, amén doutros datos e documentos nos que me sustento para afirmar todo isto.

Minuto 6:18.- Intervención do voceiro de Facenda do BNG.- Bueno...! A Xunta...! A Xunta...! ¿Será a Deputación? porque eu aquí nos orzamentos vexo que a Xunta de Galiza... A Xunta... Amiga!... A Xunta coa que hai tanto bo filing..., tan bo rollo.., nestes orzamentos para O Son hai 31.382 € iso é o que vai dar a Xunta de Galiza..., aportar nestes orzamentos, e son en 2 partidas 20.000 € para actuación da rexeneración na praia de Seiras en Queiruga e, once mil e pico de €, que van para o Punto de Información do Castro de Baroña, que paga a metade o Concello e despois unha parte a Deputación e outra a Xunta Ou sexa a que.... A Xunta... Amiga... onde están os cartos da Xunta?

Minuto 09:00.-Intervención da Portavoz do BNG dirixíndose ao señor alcalde... Sabe que está facendo? Pagar constantemente co diñeiro dos veciños... do noso Concello, as competencias doutras administracións. (...) estamos cansados os veciños do Son que, a base de subirnos a nós os impostos lle faga vostede regalitos aos seus grupos de colegas. Pagando obras que non son de competencia municipal.

Alcalde.- Que obra?
A.F.- A lonxa!

...O presidente da comunidade que milita no seu partido leva tempo facéndonos cousas parecidas, neste caso segundo me informou un vogal, presuntamente sen contar nin coa Xunta Reitora, está obrigado estatutariamente e por suposto, aquí xa o afirmo, sen contar coa asemblea Xeral. No Concello pode ser unha mala xestión de todo o equipo, na comunidade se é verdade, é moito peor porque os presidentes non teñen este tipo de atribucións. Sei que oficialmente non se poden pronunciar, máis tampouco lles interesa porque ninguén tira pedras ao seu tellado (partido) e non hai prensa ou televisión coma nos plenos para facerse ver que se defende ao pobo, salvo que os veciños de Nebra teñamos menos dereitos que os do Son, pero tendo coñecemento destas presuntas actuacións irregularidades, xa non de agora se non de anos podían pedirlle corrixir ese defecto, porque na Xunta reitora hai máis xente do BNG pero prefiren mirar para outro lado. Se pinchen aquí entenderanme mellor. No caso concreto desta pista que é competencia do Concello, parece que un reitor soubo incluso da súa reparación por mediación dos comuneiros, xa cando estaba reparada.A proba para saber se o vogal que me informou de todo isto está equivocado ou non, é miralas actas da xunta reitora. Dende logo na asemblea xeral, nunca se aprobou, aínda que como é de supoñer o seu custo correou con fondos de comunitarios. Aquí ninguén paga do seu peto as súas malas accións, nin as de outros.

Neste outro caso a responsabilidade de dotar de beirarrúas a esta estrada é da Deputación de feito leva anos con esa promesa mesmo colleron xa o terreo coa Parcelaría, así mataron dous paxaros dun tiro e non pagaron expropiacións, Independentemente de que o Concello puxese fondos a comunidade non tiña porque por ren. Logo das fotos botáronlle a todo unha capa de cemento.

Este último apartado é o que máis me recochinea...
Por culpa dese tan bo filing e tan bo rollo que agora botan de menos, entre a Xunta e o Concello, así actuou a sinistra, para min, Consellería do Medio Rural do bipartito, nesta Expropiación ilegal, máis daquela cando informei aos tres que edís que aparecen no vídeo, xunto a un militante que fixo de intermediario e ao culpable da desfeita: o señor presidente como máximo responsable da comunidade, a súa portavoz aínda se atreveu a dicirme que non fora para tanto, claro que nese intre o que máis lle preocupaba era a súa campaña nas municipais.

Así tratou o Conselleiro do Medio Rural a un militante de moitos anos no BNG, que máis dunha vez aportou fondos nas campañas do partido, aínda que igual agora coma cos sobres do PP, non haxa probas, porque non se emitían facturas. O seu trato non tivo nada que ver co que recibín dos Deputados Suso Veiga e Milucho López, sobre todo este último cando estando na oposición recibíanme sempre cordialmente para presentar escritos no Parlamento no meu nome e incluso facéndolle preguntas ao Conselleiro, Tomás Vidal, para que as respondese dende a Tribuna. Dos poucos amigos do BNG, por non dicir case o único, do que gardo un moi bo recordo e trato, así acabaron tamén con el.

No hay comentarios: